Outras organizacións colaboradoras

Ademais dos padriños
que apoian economicamente o traballo de Fillos de Galicia (actualmente concentrados no proxecto Parcelaria.com),
dos socios e dos colaboradores
particulares que traballan como voluntarios
da nosa organización, queremos agradecer desde esta páxina as
diversas colaboracións grandes e pequenas que outras entidades teñen
feito connosco desde os nosos comenzos en 1997:

Febreiro-2009 Pedro Silva (Goretoxo) Doou unha impresora HP Deskjet 510 para a nosa nova oficina en Aldea Nova (Ames)
Novembro-2008… Concello de Ames Cesión dunha oficina en Aldea Nova (Ortoño, Ames)
Outubro-2007 Pedro Silva (Goretoxo) Axudounos a instalar a conexión UMTS compartida na oficina técnica provisional no Milladoiro.
2005…2007 Secretaría Xeral de Emigración (Xunta de Galicia) Concesión de diversas axudas (subvencións) en diversos programas.
2007 Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia) Concesión dunha subvención para a creación do web eTIqueTAL.com
2007 Dirección Xeral da Sociedade da Información (Xunta de Galicia) Concesión dunha subvención para o proxecto Radio Aturuxo
Maio-2006 José Manuel Seijo (abogado) Achegou o trasporte do noso presidente nunha visita a Galicia, desde Euskadi e volta, para gravar dúas entrevistas (para TVG e TVE) e falar de novo cos responsables de Emigración da Xunta.
Outubro-2005 Imaxín Software Axudou na tradución ao galego da interfaz de PlanetaGalego.info
Febreiro-2004… Inmobiliarias e Inmuebles en Galicia Colabora promocionando Fillos.org
desde o seu web, un dos máis visitados de Galicia.
Outubro-2004… Dinahosting O noso fornecedor de servizos web, ofrécenos
unha atención técnica especial para facilitarnos o crecemento
e mellora da nosa Comunidade Virtual.
Xullo-2004 Rectoral de Anllo (Sober - Lugo) Patrocinou a xuntanza de traballo celebrada
en Sober (Lugo) por varios membros da Xunta Directiva da Asociación
Cultural Fillos de Galicia
e outros socios e colaboradores.
Maio,Xuño-2004 MRW Descontos nos envíos de paquetería
e colaboración na recollida de libros na campaña
Un libro galego para os fillos que están lonxe.

Outras entidades
tamén colaboraron nesta campaña achegando máis de
1.300 libros.
2004 Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) Concesión subvención
para a tradución ao galego da interfaz do portal.
2002…2004 Consellaría de Emigración (Xunta de Galicia) Concesión de 300 euros de subvención
anual dentro do programa de Axudas para a realización de proxectos
formativos, culturais e actividades asociativas na Galicia exterior
.
2003,2004 Museo do Pobo Galego Achega de contidos de interese cultural para
a publicación na sección de Etnografía
do portal Fillos.org
2002…2004 O Bufete Asesoramento básico gratuito sobre
temas de nacionalidade e retorno para os membros
da comunidade virtual de Fillos de Galicia.
Agosto-2001 Fundación Caixa Galicia
Fundación EFE
Cesión de dereitos de reproducción
das fotografías
da exposición Os españois tamén fomos emigrantes.
Verán 2001 Casa Lagoa Regalo do libro Lerias na Parañeira para a inclusión dos relatos neste portal.
2000…Xullo-2002 Libraría Trazos Achegaba un libro galego cada mes para sortear
entre os membros da
comunidade virtual de Fillos de Galicia residentes
fóra de España.
2000…Xullo-2002 Discos Bits Achegaba un disco galego cada mes para sortear
entre os membros da
comunidade virtual de Fillos de Galicia residentes
fóra de España.

Outras entidades (empresas, asociacións, fundacións,
centros galegos, etc.) que queiran colaborar connosco poden informarse sobre
o que poden facer para nos axudar no noso traballo na nosa
páxina xeral de colaboración
.

Para a relación exhaustiva de axudas recibidas dos diversos departamentos da Xunta de Galicia, véxase a nosa lista de subvencións recibidas.

Esta entrada foi publicada en contidos, Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.