Novas normas da Comunidade Virtual (actualizadas a 7/11/06)

A partir de hoxe entran en vigor o noso novo aviso legal incluindo as nosas novas normas para os membros, aprobadas unanimemente polos socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Se non estás de acordo con elas, debes solicitar a túa baixa como membro enviando unha mensaxe a fillos@fillos.org


1. Responsabilidade do web

www.fillos.org é un web (ou portal)
responsabilidade da Asociación Cultural Fillos
de Galicia
(no que segue citada como A.C.F.D.G.), rexistrada
co nº 505/00 no Rexistro Central de Asociacións
da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
da Xunta de Galicia e mais co nº 568589 no Rexistro
Nacional de Asociacións
do Ministerio do Interior
español, e recoñecida como Centro Colaborador da Secretaría
de Emigración
da Xunta de Galicia.

Neste web ten base a chamada Comunidade Virtual
de Fillos de Galicia
(citada no que segue como C.V.F.D.G.),
mediante a cal a A.C.F.D.G. fornece servizos diversos e contidos a usuarios
que se rexistran nel (denominados membros
da Comunidade), ademais de a visitantes
non rexistrados e aos seus propios socios
da A.C.F.D.G.

Enténdese que visitantes, membros
e socios teñen acceso a servizos e contidos
que non coinciden na súa totalidade, estando algúns reservados
para cada grupo.

2. Privacidade e protección de datos persoais

A A.C.F.D.G. comprométese a non divulgar os datos das persoas rexistradas
por medio do seu web e a os usar exclusivamente para os fins que as ditas persoas
solicitaran. Segundo o tipo de usuario, eses usos inclúen, entre outros
que se poidan ofrecer expresamente na Comunidade Virtual ou nos seus webs derivados:

  • Envío de información sobre as novidades da Comunidade Virtual
    de Fillos de Galicia.
  • Envío periódico de refráns galegos.
  • Envío de mensaxes da lista de discusión FILLOS-L.
  • Localización e posta en contacto con parentes por medio de O
    Atopadoiro
    .
  • Comunicación con membros da Comunidade Virtual de Fillos de Galicia.
  • Comunicación con socios da A.C.F.D.G.
  • Aviso de premios e regalos.
  • Envío de produtos e/ou servizos adquiridos na súa tenda on-line.
    Comunicación de ofertas e novidades comerciais a clientes xa inscritos.
  • Envío doutras informacións de interese relacionadas con Galicia
    e/ou cos galegos do mundo.

Segundo o disposto na Lei española de Protección de Datos
de Carácter Persoal
(LOPD), informamos de que os datos persoais
recollidos por nós son rexistrados en bases de datos, que a existencia
destas e as súas características foron comunicadas á Axencia
de Protección de Datos
do Goberno Español. Tamén
informamos de que calquera persoa rexistrada nesas bases de datos ten dereito
a acceder aos seus contidos para consultar, modificar ou cancelar os seus datos.
Para exercitar os seus dereitos deberá enviar unha mensaxe solicitándoo
á protecciondatos@fillos.org.

Advertimos de que as mensaxes publicadas polos membros
no portal (Taboleiro, chat, etc.) non son datos de carácter
persoal, e se no contido dalgunha desas mensaxes eles publican voluntariamente
algún dato dese tipo a A.C.F.D.G. non se fai responsable do seu tratamento.
Recomendamos polo tanto encarecidamente aos membros
que non poñan ao público en ningún lugar do portal datos
persoais deles nin de terceiros.

3. Cookies

Fillos.org e outros webs responsabilidade da A.C.F.D.G.
utilizan cookies na medida en que son imprescindibles para un óptimo
funcionamento e visualización dos contidos dinámicos dos mesmos
por parte dos usuarios.

As cookies utilizadas nos nosos webs teñen, en todo caso, carácter
temporal e desaparecen ao terminar a sesión de usuario. En ningún
caso se utilizarán as cookies para recoller información
de carácter persoal.

4. Comercio electrónico

En cumprimento do esixido pola Lei española de Servicios da
Sociedade da Información e do Comercio Electrónic
o (LSSICE),
informamos de que os datos da entidade responsable do web www.fillos.org
son os seguintes:

Asociación Cultural Fillos de Galicia
C/ Sociedad Santa Águeda, 10 – 1º A
48901 Barakaldo
España
NIF: G15761620
Tel.: (+34) 881972208


Condicións de ingreso, uso e permanencia na Comunidade
Virtual como usuario/a

1. Limiar

A inscrición como membro
da Comunidade Virtual Fillos de Galicia
(equivalente a usuario rexistrado
no portal Fillos.org) implica a aceptación
expresa das condicións incluidas neste documento.

Ao solicitar a túa alta como membro da C.V.F.D.G.,
enténdese que aceptas as seguintes condicións:

2. Copyright

O dereito de reproducción dos contidos do web www.fillos.org
pertence aos seus autores. Se pensa que algún deses contidos pode vulnerar
algún dereito que vostede teña sobre el, pregámoslle nolo
comunique a copyright@fillos.org.

A participación nas listas de correo, taboleiros de mensaxes, chats
e outro sistemas de comunicación e publicación dinámica
de contidos abertos aos visitantes, membros
e socios de Fillos de Galicia implica a cesión
por parte do autor dos dereitos de reproducción dos textos enviados a
os devanditos sistemas de comunicación: esta licencia será libre
de royalties, a perpetuidade e irrevocable. Dará dereito á
A.C.F.D.G. a utilizar, reproducir, modificar, publicar, traducir, distribuir,
realizar e amosar eses contidos ou comunicacións, ben sexa soas ou como
aparte doutras obras, en calquera formato, media ou tecnoloxía, así
como a sublicenciar eses dereitos.

Así mesmo, e sobre eses mesmos contidos, os autores céndenlles
aos demais membros os dereitos a lelos, almacenalos
e reproducilos para o seu uso persoal exclusivamente.

Isto quere dicir, por exemplo, que A.C.F.D.G. resérvase o dereito de
reproducir os textos enviados á lista FILLOS-L ou ao Taboleiro
de mensaxes. Se algún dos participantes non quixer ceder os dereitos
de reproducción debe facelo constar expresamente no texto enviado.

Todos os elementos que forman o web, así como a estrutura, deseño
e código da misma, son titularidade da A.C.F.D.G. e están protexidos
pola normativa de propiedade intelectual e industrial. Isto enténdese
sen perjuizo da plena titularidade que ostentan as entidades colaboradoras e
anunciantes sobre os seus propios logotipos e marcas, e sen menoscabo das características
do software copyleft utilizado, indicadas nos lugares axeitados do
web.

Non se poderán realizar actos de reprodución, modificación,
distribución ou comunicación pública do web nin de algún
dos seus elementos sen o previo consentemento por escrito da A.C.F.D.G.

Os membros comprométense a non publicar nin
reproducir dentro da C.V.F.D.G.:

  1. contidos protexidos por dereitos de autor, agás daqueles dos que
    teñan permiso expreso dos posuidores do copyright,
  2. a non revelar secredos comerciais,
  3. a publicar material obsceno, difamatorio, amenazador, abusivo, insultante,
    que promova o odio, o racismo, a intolerancia, ou que poida resultar molesto
    a outros membros (nomeadamente aos socios
    da A.C.F.D.G.) ou a calquera outra persoa ou entidade,
  4. a non enviar imaxes sexualmente explícitas nin notoriamente desagradables,
  5. a non enviar mensaxes comerciais (agás nos apartados onde expresamente
    se permitan),
  6. a non enviar mensaxes en cadea ou de esquemas piramidais
  7. e a non enviar mensaxes que rachen o normal fluxo dos diálogos,
    ou que non estean relacionados cos temas que se traten en cada fío
    (agás nas seccións que non teñan un tema definido).

Os membros non deberán finxir ser outra persoa.

3. Normas da lista FILLOS-L

A lista de distribución de correo denominada FILLOS-L (ou Rolda)
dispón das súas propias normas como lista moderada. Os membros
que desexen subscribirse a ela, deben saber que é opcional e deben coñecer
e respectar as
devanditas normas, publicadas no portal
.

4. Non falsidade dos datos

Todos os datos aportados ao completar o formulario de alta como membro
deben ser certos. A súa falsidade será razón para a baixa
permanente como membro da C.V.F.D.G.

Unha mesma persoa non pode pertencer á C.V.F.D.G. con máis dun
nome de membro, nin poderá se incribir cun
nome de membro distinto se foi expulsado da mesma.
Unicamente estarán autorizados a dispoñer de 2 nomes de membro
os responsables do portal ou cargos da A.C.F.D.G., un dos cales poderá
ser usado como tal responsable e o outro para participar a nivel particular
na C.V.F.D.G.

O membro comprométese a manter actualizados,
completos e correctos os datos fornecidos no seu rexistro, por medio do acceso
ao seu propio perfil no portal.

O membro entende que rexistrándose en Fillos.org
está a se rexistrar paralelamente na tenda online ubicada dentro dese
mesmo dominio. Por cuestións técnicas os datos iniciais cos que
se rexistra son pasados automaticamente á tenda online, pero non así
as modificacións, polo cal debe ter especial coidado en manter os seus
datos actualizados tamén na mesma, nomeadamente os datos de contacto
(enderezo para o envío dos seus pedidos, teléfono e e-mail).

5. Usos permitidos

Os membro do portal unicamente poderán realizar
un uso privado e persoal dos contidos do mesmo. Está absolutamente prohibido,
o uso do portal o de calquera dos seus elementos, servizos ou contidos con fins
comerciais non autorizados pola A.C.F.D.G. ou ilícitos. Ningún
membro polo tanto poderá revender ou comerciar
cos contidos e servizos da C.V.F.D.G.

A A.C.F.D.G. non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por
parte dos membros ou de terceiros do contido do portal
y poderá exercitar todas as accións civiles ou penáis que
lle correspondan no caso de infracción destes dereitos por parte dun
membro.

6. Causas de expulsión

Calquera incumprimento de calquera das normas aquí especificadas, así
como de calquera normativa legal de aplicación xeral (segundo a lexislación
española) implicará a expulsión do membro.

Ademais, o repetido incumprimento das normas da lista FILLOS-L, en
especial aquelas que fan mención á prohibición dos insultos,
será tamén razón para a baixa permanente como membro
da Comunidade Virtual.

O envío repetido a calquera das seccións de Fillos.org
(Taboleiro, chat, listas de correo, etc.) de mensaxes pouco
respetuosas ou insultantes contra outros membros será
tamén motivo para a expulsión.

Calquera outra actuación grave contra os obxectivos, principios, imaxe
ou intereses da C.V.F.D.G., da A.C.F.D.G. ou de calquera dos seus cargos oficiais
ou funcionais (responsables) cometida tanto dentro
de www.fillos.org como fóra, poderá
ser tamén razón para a expulsión.

O envío de correo electrónico a outros membros
contendo:

  • virus
  • spam
  • pornografía non solicitada
  • amenazas, insultos, calumnias ou difamacións

será tamén motivo de expulsión do membro
implicado, aínda que se faga por fóra da C.V.F.D.G.

7. Procedemento de expulsión

O procedemento para a baixa permanente ou expulsión dun membro
da Comunidade Virtual será como sigue:

  1. O moderador de FILLOS-L, o xestor do
    portal ou calquera outro responsable de Fillos de Galicia denunciará
    o caso no apartado denominado "Caixa das Queixas" dentro
    do Taboleiro, informado dos cargos dos que se lle acusa (motivos
    para a expulsión) e avisará ao membro
    afectado. Se un membro quere iniciar o proceso de
    expulsión doutro, deberá solicitalo ao xestor
    de Fillos, que estudará se as probas ou indicios presentados contra
    o membro acusado son suficientes para dar comezo
    ao procedemento.
  2. Darase un prazo de 7 días naturais para que se poida defender das
    acusacións no devandito foro, e para que outros membros
    dean a súa opinión a favor ou en contra.
  3. Se as explicacións en defensa do membro
    non son admitidas polos responsables de Fillos de
    Galicia, será expulsado con carácter irrevocable e se prohibirá
    o seu reingreso indefinidamente. Quen tomará a decisión final
    será a Xunta Directiva da Asociación
    Cultural Fillos de Galicia
    . Fica para a súa consideración
    a posibilidade dunha expulsión temporal en troques da permanente, se
    o consideran axeitado ao caso.
  4. O prazo de 7 días para a defensa poderá ser omitido e a expulsión
    realizada sen posibilidade de recurso en casos nos que os socios
    da A.C.F.D.G. consideren mediante votación urxente que se está
    a atentar gravemente conta os intereses da mesma, a súa imaxe ou a
    dalgún dos seus socios ou colaboradores.
    Neste caso a expulsión non a decidirá a Xunta Directiva
    senón todos os socios, mediante votación
    por maioría simple realizada na lista de correo interna da Asociación.

En derradeira instancia, a A.C.F.D.G. resérvase o dereito, se así
o considera axeitado, a dar por terminada a permanencia dun membro,
así como os dereitos asociados a esa membresía, ou a restrinxirlle
a dispoñibilidade aos mesmos ou a interromper os servizos en calquera
momento, sen causa concreta e sen obrigación nin responsabilidade cara
a ese membro.

8. Modificacións

Coa fin de mellorar as prestacións do portal, a A.C.F.D.G. resérvase
o dereito, en calquera momento e sen previa notificación aos membros,
a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración,
especificacións técnicas ou servizos do portal, de forma unilateral.

Igualmente resérvase o dereito de modificar en calquiera momento as
presentes condicións de uso así como calquera outras condicións
particulares.

É responsabilidade do membro visitar con frecuencia
o portal para revisar os posibles cambios tanto no portal na súa totalidade,
como nestas condicións legais concretamente.

Puntualmente a A.C.F.D.G. poderá:

  1. Trocar as especificacións ou características técnicas
    do servizo.
  2. Suspender os servizos temporalmente por razóns operativas, como
    mantemento técnico ou mellora dos servizos ou por calquera emerxencia.
  3. Trocar os dereitos de acceso aos contidos e servizos accesibles para os
    membros.

9. Responsabilidades

A A.C.F.D.G. non se responsabiliza dos eventuales erros tipográficos,
formais ou numéricos que poida conter o portal, nin da exactitude da
información contida nel. Tampouco garantiza que o servizo se forneza
de forma ininterrumpida, libre de erros, libre de virus, de forma segura, precisa,
fiable ou de calidade. Tampouco asegura que os contenidos ofrecidos para descargar
sexan seguros de ningunha maneira.

O membro entende e acepta que nin a A.C.F.D.G. nin
ningún participante no servizo ofrecido por este web ofrece consello
profesional de ningún tipo (a non ser que expresamente se indique o contrario)
e que a utilización de calquera consello ou outro tipo de información
contida ou obtida polo usuario neste web, se fornece baixo a única responsabilidade
do membro e que a A.C.F.D.G. non será responsable
en ningún caso.

O membro entende e acepta que o uso deste web así
como os contidos fornecidos se ofrecen para ser usados baixo a propia responsabilidade
do membro. A A.C.F.D.G. expresamente rexeita fornecer
ningún tipo de garantías ao respecto.

A A.C.F.D.G. non se fai responsable de ningún daño directo, indirecto,
incluindo pérdidas de beneficios ou de datos que resulte do uso ou da
imposibilidade de uso do servizo, do acceso non autorizado ou da alteración
de datos trasmitidos, actuacións de terceiras partes que usen o servizo
nin de ningún outro asunto relacionado co el servizo.

O membro é responsable das súas comunicacións
públicas e con outros membros, así como
das consecuencias que poidan derivarse desas comunicacións e publicacións.

A A.C.F.D.G. non comparte necesariamente (nin se fai responsable de) as opinións
expresadas polos autores dos diversos textos contidos no seu web ou trasmitidos
polas súas listas de correo. Tampouco non responsabilizamos da exactitude
ou veracidade das comunicacións ou publicacións dos membros.
Calquera visitante ou membro
entende que confiar nas informacións publicadas por outros membros
faise unicamente baixo a súa propia responsabilidade e que a A.C.F.D.G.
non garantiza en absoluto a súa validez, exactitud ou legalidade.

A A.C.F.D.G. non filtra de forma previa os contidos da C.V.F.D.G. agás
algúns moi concretos (lista FILLOS-L, contidos publicados como
artigos e outros do portal) e entende que as mensaxes do Taboleiro,
mensaxes enviados ao chat (batepapo) e outros poden non estar
revisados previamente por ningún moderador
nin administrador.

No caso de que algún membro queira comunicar
aos responsables da xestión do portal (por
medio do correo fillos@fillos.org
ou calquera outro medio publicitado) de que algún contido publicado
na parte non moderada da C.V.F.D.G. non cumpre coas condicións aquí
expresadas, estes responsables levarán a cabo
unha investigación para determinar de boa fe e discrecionalmente se compre
eliminar ou modificar esa comunicación. A A.C.F.D.G. non será
responsable pola realización desas accións correctoras ou pola
súa non realización.

A A.C.F.D.G. resérvase o dereito a eliminar calquera contido ou comunicación
presente no portal que considere abusiva, ilegal, difamatoria, calumniosa, contraria
ás normas xeralmente aceptadas en Internet (netiqueta) ou unha
provocación.

O membro acepta que a A.C.F.D.G. poderá estabelecer
prácticas e límites xerais relativos ao uso de determinados servizos,
incluindo por exemplo o número máximo de días que as mensaxes
de correo, do Taboleiro ou calquera outro material será retido
polo sistema, o número máximo de mensaxes de correo que poida
enviar ou recibir o membro, o tamaño máximo
das mensaxes, o espazo máximo de disco dispoñible para o membro,
o número máximo de veces que se poida acceder aos servizos nun
periodo determinado de tempo, etc.

A A.C.F.D.G. non será responsable polo borrado ou perda de calquera
mensaxe de correo, do sistema de mensaxería interna ou do Taboleiro
ou de calquera outro contido enviado por (ou a) o membro
por medio do portal ou servizos anexos á C.V.F.D.G. O membro
acepta que a A.C.F.D.G. se reserve o dereito a borrar contas de acceso que estean
inactivas durante periodos extensos de tempo, así como a modificar calquera
destas prácticas e límites en calquera momento, a discreción,
con ou sen aviso.

10. Ligazóns

O web Fillos.org contén ligazóns a
diversos contidos de interese para os nosos membros,
creados por terceiros. A A.C.F.D.G. limítase a fornecer ligazóns
aos devanditos contidos e non é responsable en ningún caso dos
mesmos, nin do seu axeitamento, nin das informacións ou servizos que
puidesen aparecer nos webs ligados, e inclúeos exclusivamente con carácter
informativo e en ningún caso implican relación algunha entre a
A.C.F.D.G. e as persoas ou entidades titulares deses contidos ou propietarios
dos webs onde se atopan.

11. Servizos de terceiros

Os bens e servizos de terceiros que poidan aparecer anunciados ou promocionados
ou que se fagan dispoñibles en (ou por medio de) este web, estarán
rexidos polas políticas e condicións estabelecidas por esas terceiras
partes. A A.C.F.D.G. non se fai responsable en ningunha medida dos tratos ou
interaccións do membro da C.V.F.D.G. con esas
terceiras partes.

12. Privacidade de contrasinais

A A.C.F.D.G. non se fai responsable dos posibles perxuizos que poida ocasionar
aos membros que se rexistren na C.V.F.D.G. a perda
ou sustracción das súas contrasinais de acceso. Informa aos membros
de que esas contrasinais se almacenan encriptadas no portal e que tan só
o membro pode acceder a elas, sendo responsabilidade
do membro mantelas en segredo. O membro
será responsable de toda utilización que se faga da súa
conta neste web e da súa contrasinal, sexa esta utilización autorizada
ou non polo membro. O membro
obrígase a comunicar de forma imediata a fillos@fillos.org
calquera uso non autorizado do seu nome de membro,
conta ou contrasinal.

13. Indemnizacións

O membro acepta indeminizar á A.C.F.D.G. así
como a os seus subsidiarios, axentes, empregados, contratistas, anunciantes,
colaboradores ou patrocinadores, por calquera reclamación ou demanda
que poida ser interposta por terceiros a causa da conducta do membro
no portal ou na C.V.F.D.G., dos contidos enviados ao mesmo polo membro,
da súa violación destas condicións de uso ou calquera outra
violación dos dereitos douotra persoa ou entidade.

14. Menores de idade

Se es menor de idade e queres rexistrarte en Fillos.org,
pídelle permiso a algún dos teus pais e realiza a inscrición
acompañado/a del ou dela. Deixa que te aconselle sobre o nome de membro
que elexires e dille a contrasinal que vas utilizar. É pola túa
seguridade.

15. Correo electrónico

Os membros aos que se lles forneza unha conta de
correo dentro dalgún dos dominios resposabilidade da A.C.F.D.G. (p.ex.
DeGalicia.org) entenden que o seu uso e desfrute está
condicionado á permanencia coma membros e que
non hai ningún compromiso de continuar fornecéndollelo se abandonan
ou son expulsados da C.V.F.D.G.

16. Voluntariado

Os membros que sexan aceptados pola A.C.F.D.G. como
voluntarios, terán determinados privilexios
de acceso no portal e deberán cumprir con certas
normas particulares expresadas na sección privada a eles destinada
.

Esta entrada foi publicada en contidos, Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.