Revisando cifras recolleitas durante a elaboración do ensaio «O papel de Internet na conservación da cultura e identidade galegas entre os descendentes dos emigrantes», á luz do noso novo record en número de membros, podemos afirmar sen temor a errar que estamos entre os centros con maior número de persoas inscritas en todo o mundo.
Unicamente seríamos superados polos seguintes (a carón da cifra de socios damos a data de referencia; por favor, se alguén dispón de cifras máis actualizadas que as publique aquí como comentarios):
- Casa de Galicia de Montevideo: 100.274 (1991).
- Centro Galego de Bos Aires: 52.000 (1991).
- Casa de Galicia de Bos Aires: 24.000 (1991).
- Naturales de Ortigueira de La Habana: 13.325 (1991).
De feito semella que somos o 5º centro, pero ate que non dispoñamos de datos máis actualizados pensamos que sendo conservadores na nosa estimación podemos asegurar sen dúbida que cando menos habemos estar entre os 10 primeiros.


RSS xeral de Fillos.org
Habida conta das cifras que se dan neste estudo de 1991, onde se asegura que o centro de Avellaneda ocupa o 8º lugar con 4.865 socios e a Agrupación Artística Gallega de La Habana, con 2.500 socios e ocupando o posto 11 da relación, podemos supoñer que aínda coas variacións que se puideran ter producido nestes 15 anos desde o estudo, podemos estar situados hoxe nunha posición entre o 8º e o 10º posto.
Recibimos hai uns días a confirmación de fontes oficiais, que pronto publicaremos. As cifras dos centros colócannos na 8ª posición mundial en número de membros.
Velaquí eses datos, que levaban tempo pendentes de publicación. A fonte á Secretaría xeral de Emigración (xentileza de D. Carlos Sixirei):
Aí insertaríamonos con 5.500 membros actuais no 8º lugar a nivel mundial.