Remata unha nova asemblea de Fillos e comeza unha nova etapa: Fillos 5.0

Onte rematou unha nova asemblea extraordinaria de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia na que se tratou como tema principal o resultado do chamamento feito para desmantelar os nosos proxectos.

Malia non termos recibido propostas dentro desa convocatoria, os socios votaron a prol de continuar coa actividade da asociación e aprobouse un plan que dará comezo a unha nova etapa, que comezamos a artellar desde hoxe mesmo e que poderiamos denominar Fillos 5.0.

Proximamente daremos máis detalles sobre como se fixo posible esta nova etapa e grazas a quen, e como serán os seus pasos e as mudanzas que vai experimentar Fillos de Galicia. Polo de agora o importante é que Fillos de Galicia vai continuar, con importantes trasformacións, e noutro formato, pero ha sobrevivir esta ponte virtual entre Galiza e mais a súa Diáspora e o meirande centro galego da Internet, que xa está a piques de chegar aos 7.000 usuarios.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Remata unha nova asemblea de Fillos e comeza unha nova etapa: Fillos 5.0

  1. Alédanos poder dar xa máis detalles sobre a nova etapa desta Comunidade Virtual: http://fillos.org/blog/2010/08/18/boas-novas-fillos-org-sobrevivira-grazas-a-blogaliza

Os comentarios están pechados.