Boas novas: Fillos.org sobrevivirá grazas a Blogaliza

[Comunicado conxunto de prensa de:
Asociación Cultural Fillos de Galicia + Blogaliza]

BLOGALIZA ACOLLERÁ A MAIOR COMUNIDADE ONLINE DA DIÁSPORA GALEGA

Debido á carencia de recursos, a asociación Fillos de Galicia
decidiu integrar a comunidade Fillos.org en Blogaliza.

A empresa Algueirada, responsable do servizo de blogs en galego
Blogaliza, ven de asinar un convenio de colaboración coa asociación
responsable da maior comunidade online da diáspora, Fillos.org, que
conta xa con case 7 mil usuarios rexistrados. Grazas a este acordo
evítase a desaparición deste proxecto histórico da Internet galega,
que naceu en 1997 como ponte entre Galiza e os galegos do exterior,
nomeadamente fillos e netos de emigrados. A falta de recursos
económicos, agravada tras a cambio de goberno na Xunta de Galicia,
e a carencia de persoal técnico capaz de xestionar unha rede social
en continua expansión levaran á asociación Fillos de Galicia a facer
un chamamento tras outro para acharen quen continuase co proxecto.
Aínda que estes chamamentos fracasaron e algúns medios apresuráranse
a anunciar a morte do proxecto, abriuse unha derradeira oportunidade
da man da consultoría tecnolóxica Algueirada: o traballo de
actualización do portal Fillos.org realizado cos últimos recursos
da asociación, facilitou a compatibilidade técnica con Blogaliza,
o coñecido servizo ofrecido por Algueirada.

Deste xeito faise posible a supervivencia do proxecto, que agora
fará parte de Blogaliza, quedando outros coñecidos proxectos de Fillos
de Galicia como Atopadoiro.org fóra do acordo e baixo a xestión
directa da asociación, xa cun custo moito menor. Os responsables
de ambas organizacións felicítanse polo acordo e agardan poder sentar
así as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega
no exterior.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia, Nota de Prensa. Garda a ligazón permanente.

20 respostas a Boas novas: Fillos.org sobrevivirá grazas a Blogaliza

  1. Queremos agradecer de antemán a Blogaliza os esforzos que van facer para dar continuidade ás principais seccións deste portal. En breve iniciaremos os traballos técnicos de traslado a Blogaliza e pedimos desculpas polas interrucións que se poidan producir no acceso ao portal ou a algunha das súas partes.

  2. Pingback: Fillos de galicia — Blog — Fillos.org sobrevivirá integrándose en Blogaliza (Código Cero)

  3. rblanco di:

    Muchas gracias por todos sus esfuerzos para mantener vivo a “Fillos de Galicia”, este espacio de intercambio cultural tan importante para los descendientes de gallegos que necesitamos tener este vínculo. Un abrazo desde Guatemala!!!!!!

  4. Considero a “inclusão” de FILLOS em BLOGALIZA a decisão acertada e agradeço a todos que contribuíram para que tal fosse possível, nomeadamente a Manuel.

    Melhores Votos e Saudações!
    GALIZA VIVE EM NÓS!

  5. Pingback: Fillos de galicia — Blog — Procedemos ao traslado a Blogaliza: atentos ás súas pantallas

  6. ana paula conde di:

    Fico muito feliz em saber que Fillos nao se acabou.

  7. jose di:

    en hora boa a paxina de fillo.org sigue na redes como un acordo coa paxina de blogaliza, agora eu teño unha pregunta e é que cando eu accesaba a paxina de fillos.org eu sinaba co meu nome e a clave, mais co o novo sistema de blogaliza, eu nun veo si ainda manten o mismo sistema o si xa desapareceu
    grazas

  8. casdeiro di:

    Jose, tes que poder acceder cos mesmos datos de usuario e clave. Proba a entrar desde http://blogaliza.org

  9. Bolhosa Filipe di:

    Amigos de galizia como todos os nossos amigos no mundo que ten o previlégio de se chamar boullosa , bolhosa ,au boalhosa , eu estou dacordo con a tesa du nosso amigo de galizia que nos informa sobre uma parte da historia que o nom seria de origen fançaise mas certamente origen ou latina , no entanto alguns misterios sobre a antiguidade deste nome deverian ser aprefondidas ; o nome boullosa que eu sou originario como toda a minha familia en Portugal , no Brazil , en França, ten as suas fontes en Ponte Caldelas Galizia onde nasçeu o pai de meu avo que imigrou para Portugal acompanhado de seu tio con oito anos de idade , e nos sabemos que è nesta region de espanha onde està conçentrada toda a origen dos boullosas nosso nome foi modificado involontariamente no registro civil de Vieira do Minho quando meu visavo fes a declaração de nasçimento dos filhos e passou a ser bolhosa e não boullosa mas outro nome existe en portugal Boalhosa uma pequena freguesia au lado de PONTE DE LIMA e eu quereio que é neste mesma região que devemos encontrar as nossas origens mais antiguas pois que foi aqui que santo estevão de Boalhosa se instalou en antes da independençia de portugal au momento da ivangilisação qui deu nascimento a são tiago de compostele au primeiro século da nossa idade. espero comentarios vossos que fassão evaluar o selebre nome que é o nosso e que faz a riqueza du mundo a todas as escadas da soçiedade na europa america du norte america du sul . Philipe Manuel Pereira Bolhosa

  10. Pingback: Planeta Galego » Blog Archive » Goretoxo: “Precisamos cambios de paradigma: deixar de consumir mainstream, sermos críticos, sermos activos. Vexo un futuro cheo de oportunidades”

  11. Pingback: Planeta Galego » Blog Archive » Crisanto, presidente da A.C. Fillos de Galicia: “O reto de Fillos neste momento é a súa continuidade”

  12. Pingback: Planeta Galego » Blog Archive » Casdeiro: “A única conexión que interesa cos residentes no exterior é a que dá votos, é unha vergonza”

  13. Hector Alberto Rodriguez (Vigo) di:

    Buenos Dias, escribo desde Buenos Aires – Argentina – Soy hijo de Camilo Rodriguez y Beatriz Vigo, nacido en Buenos Aires el 23 de febrero de 1947. Desde la edad de 3 años perdí todo contacto con mi madre, la cual supongo al presente fallecida. Tengo la necesidad de conocer algunos datos de ella que me permitan realizar un trámite perentorio. Lo unico que tengo a mi alcance es el lugar de su origen, y este lugar es Cambados en la Provincia de Galicia, aproximadamente nacida en el año 1925. No se cuando emigró a Argentina. Si alguien puede darme una mano, necesitaria saber datos de familia, como ser fecha y lugar de nacimiento, nombre de sus padres y fecha, aunque sea aproximada, de emigración. Puede ser que algún pariente directo o lejano resida aun en Cambados. Desde ya muchisimas gracias.

  14. Hector Alberto Rodriguez (Vigo) di:

    Perdon, con relacion a mi mensaje anterior olvidé decir que no hablo galego pero lo entiendo, por lo cual me es indistinto si la respuesta se hace en Castellano o Galego. Gracias nuevamente.

  15. FILIPE BOLHOSA di:

    Hector Rodrigues eu me chamo filipe bolhosa como tu nasci en agosto en 1947 vivo en frança a quarente e cinco anos meu avo era galego mas eu so falo portugues e françes mas compreendo ben o galego e o castelhano vou regularmente a Portugal e particularmente en galizia proguntando como tu estas fazendo as origens de meus avos que residião en Ponte Vedras Lugar de Passos ultimamente dirigime au registo civil de Ponte Vedras con o nome de uma irma de meu avo que ja tinha falecido e pude ter conhecimento da minha familia e se todos os certificados não estiveren no distrito encontranse na vila Vigo onde esta tudo centralisado, tu podes pedir ajuda au presidente dos fillos de galizia que estão mais perto que nos da vila onde nasceu a tua mai e eu pensso que esses vizinhos e amigos estarão prontos a darte uma ajuda para encontrares as origens de teus pais e avos caso não conseguires na minha proxima visita a Vigo farei uma tentativa para encontrar o teu lugar e te fornesser enformaçoes . Mas os nossos amigos galegos quando tomaren conheçimento da tua mençage vao fazello prontamente filipe bolhosa frança

  16. Ola a todos.
    Alégrame saber que esta comunidade continúa vixente agora a través de Bolgaliza.org
    Os meus cordiais saúdos desde Santiago de Chile.
    Ventura Varela

  17. Pingback: Trasladamos o blog dos galeuros a Wordpress.com « O blog dos galeuros

  18. Pingback: Adeus Blogaliza, ola Wordpress | O blog dos galeuros

Os comentarios están pechados.