Aviso e instrucións importantes para os usuarios do noso webmail

Dentro do proceso de traslado dos nosos servizos (e desaparición dalgún deles) estamos enviando avisos aos responsables dos diversos hostings que aloxaba RedeGalega.org así como as usuarios de email dos nosos webs, para que descarguen as mensaxes de correo que poidan ter no servidor.

No caso das personas que sempre len o correo mediante webmail e non o descargan aos seus ordenadores mediante un programa de correo (Thunderbird, Outlook, etc.) deberán necesariamente instalar un e configurar nel a súa conta de correo, cos datos seguintes:

  • Usuario: o mesmo correo electrónico
  • Servidor POP ou entrante: mail.fillos.org ou o dominio que for
  • Servidor SMTP ou saínte: ese mesmo ou outro que usen habitualmente
  • Contrasinal: o mesmo que usan no webmail

No caso de teren organizado o seu correo por carpetas no webmail, estas deberán ser reproducidas no correo local (as carpetas do seu programa de correo) e proceder da seguinte maneira:

  1. Crear unha carpeta de correo no programa de correo por cada unha que usemos no webmail, creadas por nós. Inicialmente estarán baleiras
  2. Descargar o correo da bandexa de entrada do servidor, que irá parar á carpeta de entrada (Inbox) do programa de correo.
  3. Moveremos esas mensaxes a unha nova carpeta local chamada Temporal, p.ex. A carpeta de Inbox local debe quedar baleira.
  4. Unha vez estea baleira a carpeta de entrada, moveremos as mensaxes de cada carpeta á de entrada. Poñamos por caso que comezamos por unha chamada Amigos.
  5. Despois daremos a descargar mensaxe de novo no noso programa de correo: se todo vai ben recibiremos as mensaxes vellas que tiñamos gardadas na carpeta Amigos do servidor.
  6. Moveremos todas as mensaxes que acabamos de recibir á carpeta Amigos local. A carpeta Inbox quedará de novo baleira.
  7. Seguiremos facendo así, unha por unha con todas as carpetas do servidor, pasando temporalmente ao Inbox para podelas recibir e despois movelas á carpeta homónima do programa de correo.
  8. Cando teñamos xa todas pasadas e recibidas, volveremos colocar as mensaxes que estaban orixinalmente no Inbox e que pasáramos ao Temporal, de volta ao seu lugar.

Esta mesma operación tamén se pode tentar para a carpeta de Enviados.

Tamén deberemos traspasar os enderezos da axenda que teñamos gardados e calquera outra información do webmail, xa que se perderá no traslado.

Lamentamos estes inconvintes e esperamos que poidades realizar esta operación sen problemas. Se tedes dúbidas, por favor publicádeas aquí como comentarios.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Aviso e instrucións importantes para os usuarios do noso webmail

  1. Admin di:

    Traducimos para los que no entendáis gallego, para que no quede ninguna duda:

    Dentro del proceso de traslado de nuestros servicios (y desaparición de alguno de ellos) estamos enviando avisos a los responsables de los diversos hostings que alojaba RedeGalega.org así como a los usuarios de email de nuestros propios webs, para que descarguen los mensajes de correo que puedan tener en el servidor.

    En el caso de las personas que siempre leen el correo mediante webmail y no lo descargan nunca a sus ordenadores mediante un programa de correo (Thunderbird, Outlook, etc.) deberán necesariamente instalar uno y configurar en él su cuenta de correo, con los datos siguientes::

    * Usuario: el mesmo correo electrónico
    * Servidor POP o entrante: mail.fillos.org o el dominio que fuese
    * Servidor SMTP o saliente: ese mismo u otro que usen habitualmente
    * Contraseñal: la misma que usan en el webmail

    En caso de tener organizado su correo por carpetas en el webmail, estas deberán ser reproducidas en el correo local (las carpetas del programa de correo) y proceder de la siguiente manera:

    1. Crear una carpeta de correo en el programa de correo por cada una que usemos en el webmail, creadas por nosotros. Inicialmente estarán vacías.
    2. Descargar el correo de la bandeja de entrada del servidor, que irá a parar a la carpeta de entrada (Inbox) del programa de correo.
    3. Moveremos esos mensajes a una nueva carpeta local llamada Temporal, p.ej. La carpeta de Inbox local debe quedar vacía.
    4. Una vez esté vacía la carpeta de entrada, moveremos los mensajes de cada carpeta a la de entrada. Pongamos por caso que comenzamos por una llamada Amigos.
    5. Después daremos a descargar mensajes de nuevo en nuestro programa de correo: si todo va bien recibiremos los mensajes viejos que teníamos guardados en la carpeta Amigos del servidor.
    6. Moveremos todos los mensajes que acabamos de recibir a la carpeta Amigos local. La carpeta Inbox quedará de nuevo vacía.
    7. Seguiremos haciendo así, una por una con todas las carpetas del servidor, pasando temporalmente al Inbox para poderlas recibir y después moverlas a la carpeta homónima del programa de correo.
    8. Cuando tengamos ya todas pasadas y recibidas, volveremos a colocar los mensajes que estaban originalmente en Inbox y que habíamos pasado al Temporal, de vuelta a su lugar.

    Esta misma operación también se puede intentar para la carpeta de Enviados.

    También deberemos traspasar las direcciones de la agenda que tengamos guardadas y cualquier otra información del webmail, ya que se perderá en el traslado.

    Lamentamos estos inconvenientes y esperamos que podáis realizar esta operación sin problemas. Si tenéis dudas, por favor publicadlass aquí como comentarios.

  2. Admin di:

    Algún preguntou se a xente que baixa habitualmente o correo cun programa de correo vai ter que facer algo ou vai sufrir algún problema.

    A resposta é que non, non ten que facer nada especial. Poderá seguir recibindo con normalidade. As contas dos correos dos dominios responsabilidade de Fillos non está previsto que desaparezan e trasladaranse todas. Pode que algún correo se perda nas horas do traslado, é algo inevitable polo troco de DNS, pero hai maneira de recuperalos. Xa vos informaremos de como facelo.

  3. casdeiro di:

    A maneira de recuperalos é poñer o servidor de correo pola IP do servidor vello, agora que xa resolven os DNS apuntando ao novo. É dicir, momentaneamente podedes poñer 82.98.139.21 en troques de mail.degalicia.org (se ese era o voso servidor entrante) e ver se tedes algunha mensaxe aí. Se non a hai, podedes volver poñer o habitual.

Os comentarios están pechados.