Vai arrancando Fillos 5.0

Nestes días tanto a xente de Blogaliza coma nós estamos traballando arreo para traspasar os contidos de Fillos.org e os demais webs da nosa asociación e dar luz a esta nova etapa que demos en chamar Fillos 5.0.

Primeiramente queremos agradecer a Goretoxo a súa dedicación e que fixese posible a supervivencia da maior comunidade virtual da Diáspora galega, e que este veterán web non sufrise o destino doutros webs históricos da Internet galega que vimos desaparecer nestes últimos tempos.

Tamén as nosas grazas a Martín Vázquez Cabanas, técnico que foi da nosa asociación durante a difícil etapa Fillos 4.0 e que fixo un impresionante traballo técnico sen o cal a supervivencia agora de Fillos integrado en Blogaliza sería imposible.

Agora pasaremos a dar conta dalgunhas mudanzas que vai haber nesta nova etapa, a cal —ao carecermos da meirande parte dos nosos recursos económicos e humáns dos que gozabamos antes— estará marcada por unha simplificación de contidos, e a perda dalgúns deles así como de informacións e funcionalidades custosas de manter. Como nos ensina a ecoloxía e a historia das sociedades humanas, cando un sistema complexo sufre un recurte importante de enerxía (recursos) só pode colapsar ou reducir organizadamente a súa complexidade e converterse nun sistema máis pequeno e sinxelo. Nese camiño andamos, da man amiga de Blogaliza.

  • Agora os usuarios de Fillos, son usuarios de Blogaliza, con todo o que iso implica á hora de xestión e funcionalidades. Por suposto, agora máis que nunca, cando un/ha) de nós pode crear o seu blog dentro do sistema. Iso mantense e mellórase.
  • Algúns datos de usuario non se pasaron, como por exemplo as fotos que vos identificaban. Veremos se se poden recuperar dalgún xeito…
  • Perdeuse a portada da comunidade virtual que integraba o batepapo, as últimas mensaxes dos foros, os últimos membros conectados, os grupos, etc. Agora o acceso principal será por medio do blog principal de Fillos onde procuraremos poñer ligazóns a todos os servizos que se conserven.
  • Desaparece o Batepapo, o noso sistema de chat.
  • O álbume de fotos non puido ser integrado en Blogaliza, así que polo de agora e ata novo aviso, desaparece.
  • Desaparecen sine die as listas de envío automático de refráns e o boletín por email de Fillos.
  • A nosa histórica Rolda (FILLOS-L) queda pendente de reconstrución.
  • PlanetaGalego.info e Galeguidade.net deixan de ter unha presenza independente e pasan a se integrar como uns blogs máis de Fillos en Blogaliza. Tamén sucede o mesmo co blog dos Galeuros.
  • Perdeuse información e estatísticas de visitas que tiñamos no noso anterior fornecedor, Dinahosting, aínda que xa non nos resultaban moi de fiar.
  • Desaparece, polo menos momentaneamente, o blog GaliciaXacobeo.com.
  • Actualización 08/10/2010: Detectamos que no novo servidor de correo, non se permite facer reenvíos como adxuntos, así que hai que configurar os programas de correo para que os envíen inline: p.ex. en Seamonkey hai que ir a Editar -> Preferencias -> Correo e grupos -> Composición. Este problema non o terán os usuarios cando fagan uso do correo vía webmail.
  • (Iremos engadindo aquí novas cousas que se perden ou varían de maneira importante en Fillos 5.0)

Lembrade que temporalmente, algúns dos nosos webs ou partes deles poden sufrir problemas pola mudanza de servidor, e non estar dispoñibles ou amosar erros nas súas páxinas. Esperamos poder amañar estes problemas o antes posible. Grazas pola paciencia e comprensión 🙂

PS: Por suposto agradecemos que nos comuniquedes, p.ex. mediante un comentario ao pé desta entrada, outros problemas que vexades ou a vosa opinión sobre as mudanzas que está a experimentar Fillos de Galicia.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

9 respostas a Vai arrancando Fillos 5.0

  1. Orlando Fernández Calvo di:

    Me dirijo a vuestra pagina como emigrante retornado que lleva 14 años en España, sin poder concretar las aspiraciones sociales y de trabajo que me trajeron aquí.
    Me interesa saber si exixte en sus organización planes para retornar al país de origén, en mi caso Buenos Aires.
    Agradesco su amable a tenciòn y hasta la próxima.

  2. Actualmente mi residencia es en Pontevedra.

  3. Casdeiro di:

    Ola, Orlando. No noso Taboleiro tes un lugar para estas cuestións, aínda que me temo que non temos resposta satisfactoria.

    Penso que sería un tema interesante que tratarmos xa que temos xente que fixo coma ti, outros con retorno exitoso, etc. e sería positivo compartirmos experiencias e informacións.

  4. Casdeiro di:

    Coido que o lugar do Taboleiro mellor para tratar este tema é http://blogaliza.org/foros/forum.php?id=75

  5. Pingback: Aprobada unha modificación do sistema de cotas na nosa asociación | Fillos de Galicia

  6. Pingback: Planeta Galego » Blog Archive » Crisanto, presidente da A.C. Fillos de Galicia: “O reto de Fillos neste momento é a súa continuidade”

  7. Pingback: Planeta Galego » Blog Archive » Casdeiro: “A única conexión que interesa cos residentes no exterior é a que dá votos, é unha vergonza”

  8. Pingback: Amañado un problema co Taboleiro | Fillos de Galicia

  9. Pingback: As incidencias de Fillos de Galicia en RedCoruna que nos levaron a deixar o seu hosting | Fillos de Galicia

Os comentarios están pechados.