Corrixidos fallos de visualización da Parcelaria.com

A Parcelaria de FillosDentro do noso paulatino proceso de restauración de contidos e servizos tras a migración feita no paso a Fillos 5.0, vimos de volver á normalidade a páxina principal da Parcelaria Virtual pola Cultura Galega. Aínda así este proxecto está conxelado xa que non se actualizaron nin prezos nin se realizou labor para a venda das parceliñas correspondentes á anualidade Febreiro-2010 a Febreiro-2011. A situación da nosa organización e a falta dos recursos técnicos e humanos necesarios situaron este, como outros proxectos nosos, nunha situación de parálise ao longo deste último ano.

Agardamos no futuro poder recuperar esta vía de financiamento para a nosa asociación e de promoción para os nosos colaboradores. Polo de agora segue a presentar aos últimos participantes, ata que poidamos poñer de novo en marcha a venda de espazos para atraer novos amigos parcelistas.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia, Parcelaria Virtual pola Cultura Galega. Garda a ligazón permanente.