Hoxe a nosa directiva aprobou a convocatoria de asemblea ordinaria de socios, que se celebrará como habitualmente, por medio de Internet na nosa lista privada de correo de socios.
Ha comezar o día 10 de Xaneiro de 2011 e terá como orde do día (provisional) os seguintes puntos:
- Presentación do estado de contas e de xestión da actual Xunta Directiva.
- Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión.
- Votación do novo importe da cota de socios.
- Debate acerca da nova etapa que se abre para Fillos. Presentación de propostas aberta a todos os socios, para o plan de actuación 2011. Presentación dunha estimación de ingresos e gastos a cargo da Directiva saínte.
- Presentación de candidatos aos cargos directivos.
- Votación para a elección da nova Directiva.
Con vistas a esta asemblea a nosa Xunta Directiva quere facer un duplo chamamento:
- Aos socios actuais para que colaboren para poñer ao día o pagamento das súas cotas e así poder participar.
- A todos os interesados, membros de Fillos, simpatizantes e colaboradores, para que se unan á nosa asociación como socios antes do día 9 para así poder participar con plenos dereitos nas decisións e poder presentarse a cargos directivos, facer propostas e —en definitiva— facer parte desta nova etapa de Fillos de Galicia.
Para potenciar a participación de novas persoas, a nosa asociación vai debater unha posible rebaixa no importe das cotas [é atribución estatutaria da Asemblea Xeral e xa que logo non se pode votar fóra dela] e unha simplificación no proceso de pagamento, axeitada á nova etapa que abrimos como Fillos 5.0. En canto estea tomada unha decisión ao respecto, comunicaremos aquí o resultado.
As persoas interesados en participar como novos socios deben poñerse en contacto con secretaria ARROBA fillos PUNTO org o antes posible, para indicar os medios de realizaren o pagamento da súa cota a tempo para participaren como socios na XI Asemblea Xeral.


RSS xeral de Fillos.org
Pingback: Aprobada unha modificación do sistema de cotas na nosa asociación | Fillos de Galicia
Pingback: Planeta Galego » Blog Archive » Casdeiro: “A única conexión que interesa cos residentes no exterior é a que dá votos, é unha vergonza”
Pingback: Aprazado o comezo da XI Asemblea: será o 17 de Xaneiro | Fillos de Galicia