No día de hoxe convócase a asemblea ordinaria de socios, que se celebrará como habitualmente, por medio de Internet na nosa lista privada de correo de socios.
Comezará o día 6 de Febreiro de 2012 e terá como orde do día os seguintes puntos (provisional):
1.- Presentación do estado de contas e informe da xestión da actual Xunta Directiva.
2.- Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión.
3.- Presentación de candidatos a cargos directivos.
4.- Debate sobre a situación xeral da asociación hoxe.
5.- Debate sobre o funcionamento de Fillos 5.0: Pros e contras
6.- Presentación dunha estimación de ingresos e gastos a cargo da Directiva .
7.- Outras cuestións presentadas polos socios.
8.- Votación para a elección da nova Directiva.
Con vistas a esta asemblea a nosa Xunta Directiva quere facer un duplo chamamento:
- Aos socios actuais para que colaboren para poñer ao día o pagamento das súas cotas e así poder participar.
- A todos os interesados, membros de Fillos, simpatizantes e colaboradores, para que se unan á nosa asociación como socios antes do día 5 de febreiro para así poder participar con plenos dereitos nas decisións e poder presentarse a cargos directivos, facer propostas e —en definitiva— formar parte de Fillos de Galicia.
As persoas interesados en participar como novos socios deben poñerse en contacto con presidencia ARROBA fillos PUNTO org o antes posible, para indicar os medios de realizaren o pagamento da súa cota a tempo para participaren como socios na XII Asemblea Xeral.


RSS xeral de Fillos.org
Pingback: Convocada Assembleia da Associação Filh@s da Galiza