Aviso para os usuarios de correo en DeGalicia.org

Aviso urxente para todos os usuarios de contas de email nos nosos servidores, nomeadamente DeGalicia.org:

Por causas técnicas é probable que antes de pasados 5 días fiquen inaccesibles as mensaxes de correo que teñas sen recoller no servidor de correo.

Polo tanto avisámoste para que descargues TODO O CORREO que teñas no servidor. Se ata o de agora só accedías mediante webmail, deberás configurar un programa de correo electrónico no teu ordenador cos seguintes datos:

Servidor de correo entrante (POP) = mail.degalicia.org
Servidor de correo saínte (SMTP) = mail.degalicia.org
nome de usuario = (o teu email en DeGalicia.org)
contrasinal = (a mesma que usas para o webmail)

Unha vez teñas isto configurado, poderás recibir todo o email. É probable que se tes moito acumulado no servidor, che tarde bastantes minutos.

Se xa usabas un programa de correo (como Thunderbird ou Outlook) tan só terás que estar atenta/o para descargalo con frecuencia nos vindeiros días e así non perder ningún correo.

Lamentamos estes inconvientes. Problemas técnicos co noso fornecedor de aloxamento fannos temer pola perda de emails nos vindeiros días. Daremos máis información ao respecto no noso blog nos vindeiros días.

Para calquera consulta ou dúbida podes poñerte en contacto connosco polos medios habituais.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Aviso para os usuarios de correo en DeGalicia.org

  1. Pingback: Problemas co correo electrónico nos nosos servidores | Fillos de Galicia

  2. Pingback: Restaurado o acceso ao correo electrónico en Fillos de Galicia | Fillos de Galicia

Os comentarios están pechados.