Restaurado o acceso ao correo electrónico en Fillos de Galicia

Unha vez completada a migración ao novo fornecedor de hosting, grazas á magnífica colaboración de Saramaganta e de Martín Vázquez, quedou restaurado o acceso ao noso correo eléctronico —incluído o funcionamento da rolda FILLOS-L— coas seguintes mudanzas que pasamos a enumerar. Se algún usuario ou usuaria aínda ten algún problema, por favor que nos deixe un comentario ao pé deste post ou que se poña en contacto con ames ARROBA fillos PUNTO org.

  • Os contrasinais de todas as contas de correo en Fillos.org, DeGalicia.org e outros dominios da nosa asociación foron mudados. Serán remitidos a cada usuario por medio dos enderezos alternativos que teñamos deles e no caso de non ter email alternativo, deberán ser eles os que se poñan en contacto connosco para solicitarnos o novo contrasinal.
  • O acceso por webmail, aínda que será tamén posible por medio dalgúns dos enderezos anteriores como http://degalicia.org, será agora centralizado en http://webmail.saramaganta.info.
  • A configuración dos programas clientes de correo (Thunderbird, Seamonkey, Outlook…) para descargar e enviar correo desde o ordenador dos usuarios, foi lixeiramente modificado:
    • Servidor entrante (POP): segue sendo igual ca antes. P.ex. mail.degalicia.org. O porto é o 110 e o tipo de conexión segura STARTTLS con envío normal (sen encriptar) de contrasinal.
    • Servidor saínte (SMTP): igual ca antes mail.degalicia.org. O porto, o 25, e o tipo de conexión segura STARTTLS con envío normal (sen encriptar) de contrasinal. [ACTUALIZACIÓN 25/02/2013: Se tedes problemas co porto 25 e non dades enviado o correo, probade co porto 587.]
  • Malia que tentamos avisar con tempo, pode que algúns usuarios perderan mensaxes. Lamentamos moito se foi este o caso e aconsellámoste que se esperabas recibir algunha mensaxe que no está no novo servidor, contactes cos posibles remitentes e lles pidas que cha reenvíen. Tede en conta que durante o tempo que duraron os problemas co correo, a todo o mundo que vos tentara enviar algo chegaríalle mensaxe rebotada dicindo que ese email non existía. Isto mesmo puido ocasionar que vos borrasen automaticamente dalgunha lista de correo, así que comprobade que seguides a recibir todas nas que estivésedes subscritos.
  • As contas de correo ubicadas ata o de agora en @DeGalicia.org pero que non pertencían a socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, desapareceron e non foron restauradas no novo servidor: a partir de agora unicamente os socios terán correos dese dominio.
  • A rolda FILLOS-L mudou de enderezo: agora hai que enviar as mensaxes para rolda@roldas.fillos.org.
  • O resto das roldas sufriron unha mudanza análoga no enderezo, engadindo o de @roldas... despois da arroba e antes do nome de dominio correspondente.

En canto aos contidos dos webs que anteriormente aloxabamos en RedCoruna, foron trasladados todos a Saramaganta, pero aproveitamos o proceso para facer limpeza de seccións que non funcionaban. Isto puido ocasionar algún erro inesperado: se detectas algún contido ou sección que xa non está dispoñible e ao que queres ou precisas acceder, fai o favor de poñerte en contacto connosco para nolo comunciares, dando os datos concretos da páxina á que querías entrar.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Restaurado o acceso ao correo electrónico en Fillos de Galicia

  1. ELENA PARAJO ROCCO di:

    SIN COMENTARIOS

Os comentarios están pechados.