Solicita o teu exemplar de “Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos”

Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicosO ano pasado, coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia realizamos e publicamos un pequeno pero valioso libro que recolle a maior colección de nomes galegos e muller e de home que coñezamos. Outros aspectos destacados da obra son o especial fincapé na recuperación de nomes galaicos (célticos) e as novas propostas de renovación antroponímica que inclúe.

Este libro foi creado pensando nas galegas e galegos da Diáspora, quen o recibirán de balde se acadamos a financiación precisa este ano 2013 para custearmos os envíos. Polo de agora podedes enviar a vosa solicitude para o recibirdes, e así saberemos aproximadamente cántos exemplares teremos que enviar a cada punto da nosa Diáspora.

Para apuntarte só tes que deixar un comentario ao pé desta noticia, indicando o teu nome de usuario en Fillos de Galicia. Non fai falta que deixes datos concretos do teu enderezo: abonda con que nos digas en qué país ou comunidade autónoma española resides. Tamén podes, alternativamente, enviar unha mensaxe a aprendendogalego ARROBA fillos.org

Limiar da obra

O libriño que tes entre as mans é froito do continuado interese na nosa asociación pola difusión da antroponimia galega entre todos os galegos, especialmente entre aqueles descentes de galegos interesados na cultura dos seus antergos. Pode sorprender a escasa presenza de nomes galegos entre os fillos e netos da nosa diáspora, pero se ollamos cara o propio país, veremos que tamén son minoritarios os galicianos e galicianas que levan un nome recoñeciblemente galego. Un motivo disto, entre outros, coidamos que é o descoñecemento da riqueza do noso patrimonio onomástico. Por iso quixemos publicar esta escolma —necesariamente incompleta— para achegar algo na necesaria recuperación dos nomes galegos. Pero alén dos Brais, Uxía e outros certamente de moda na actualidade, quixemos ampliar as opcións ollando cara atrás e achegando nomes pouco coñecidos, pescudando mesmo no inmenso patrimonio que nos achega a toponimia e que nos desvela o magnífico filón da antroponimia céltica galaica grazas a traballos coma os de Joaquín Caridad Arias. O noso pobo pode —do mesmo xeito que fixeron outros coma os vascos— recuperar con éxito fermosos nomes documentados no seu pasado ou tirar da súa amplísima toponimia para renovar o repertorio de nomes cos que chamarmos aos nosos fillos, tamén na Diáspora. Un descendente de galegos na Arxentina, orgulloso das súas raíces, por que non podería poñerlle a unha filla un nome galego en troques doutro de orixe anglosaxona, hebrea ou aínda máis exótica e sen ningunha relación cos seus antergos? …E o mesmo valería dicir dos galegos da Galiza!

Polo formato reducido desta obra, pensado para poder ser enviada de maneira económica a calquera lugar do mundo onde haxa un galego ou unha galega, tivemos necesariamente que deixar fóra moitos datos de cada nome. Aconsellamos ás persoas interesadas nalgún nome en concreto que acudan ás fontes que citamos na bibliografía para completar detalles sobre cada un deles. Recomendamos especialmente o magnífico Dicionario dos nomes galegos, da editorial Ir Indo, cheo de referencias a persoaxes históricas, santos, detalles etimolóxicos, diminutivos de cada nome e mesmo refráns e cantigas relacionados. A pretensión deste libriño noso non é aprofundar en cada forma onomástica, senón ofrecer un panorama o máis amplo posible. Se cadra en posteriores edicións poderemos engadir novas referencias documentadas na Idade Media e novas formas galaicas agachadas nos nosos nomes de lugar, que sabemos existen e están agardando a que as recuperemos. Animamos en calquera caso aos pais e nais a non limitarse aos nomes que aquí recollemos e a innovaren acudindo directamente aos nomes de lugares, montes ou ríos, que moitas veces son produto dun antigo nome de persoa ou dun deus, e que en calquera caso son válidas referencias per se pois da antroponimia á toponimia hai unha permanente viaxe de ida e volta ao longo da historia. Agradeceremos que nestes casos se nos envíen estes novos nomes galegos para os incluírmos en posteriores edicións e así dármosllelos a coñecer a máis familias galegas en todo o mundo.


Actualización 08/08/2013

Para axudar a custear os envíos dos libros puxemos en marcha unha campaña de captación de fondos (crowdfunding) na plataforma Verkami. Se podes achegar desde tan só 5 euros para facer posible o envío dun libro, visita a páxina da campaña e apúntate como mecenas.

Por certo, aínda que vexades que na campaña puxemos como obxectivo só 50 exemplares, imos tentar enviar moitos máis así que non deixes de anotarte ao pé desta páxina, mediante un comentario, para recibir un exemplar, sempre e cando residas fóra de Galiza. Para contribuír economicamente aos envíos, tamén o poderán facer os galegos de Galiza.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

272 respostas a Solicita o teu exemplar de “Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos”

  1. Paz di:

    Bos días,

    eu vivo en Kiel (Alemaña) e gustaríame moitísimo poder adquirir o libro. É posible? Unha aperta.

  2. Félix Ríos di:

    Eu vivo en Tenerife, nas Illas Canarias, e tamén me gustaría recibir un exemplar do libriño, que ten moi boa pinta.

  3. Bea di:

    Boas! Eu resido en Galiza e co que lin arriba non me queda moi claro como é que teño que facer pra conseguir un exemplar. Non teño problema en mercalo diretamente, nin en colaborar cos 5 euros (e menos pra isto, que hai tempo que tiña gana que houbera) pero como pon que xa está finalizada a campaña de captación non sei tampouco como facer nese sentido. Bon, xa me diredes.

    Un saúdo e noraboa

    • casdeiro di:

      O libro non está á venda, pero xa che escribo indicando cómo podes achegar algo para que enviemos máis libros á Diáspora. Grazas polo interese!

  4. Carmen di:

    Hola, soy argentina hija de gallegos y me gustaría recibir este libro, actualmente vivo en España y estoy muy compenetrada con la lucha de mis raíces por ser, es decir el idioma gallego y la “verdadera” historia sobre el mismo, no la que cuentan en los libros de estudio. Además me he asombrado cómo en la localidad donde nacieron mis padres hay más apellidos de Castilla que de Galicia, esto es en los Ancares de Lugo, es más mis dos apellidos son de ese origen. Esa es la gran “colonización” que hubo en el país por parte de los castellanos. Conste que escribo en este idioma por no saber escribir correctamente el gallego, pero lo entiendo, lo puedo leer y saber qué se dice en una conversación. Me gustaría mucho poder escribirlo con más fluidez. Bueno gracias por adelantado, y también agradezco esta iniciativa que me parece muy loable!!

    • casdeiro di:

      Grazas polo teu interese tanto polo libro como pola cultura de teus pais. Sabes que en Fillos tes unha comunidade de xente coma ti! Xa che escribo para que me digas exactamente onde vives para ver se podes recibir o libro. Saúdos!

  5. Xesús di:

    Vivo na Galiza e gustaríame recibilo libro, unha aperta e bo traballo! 😉

  6. Guiller Alvarez Fernández di:

    Eu vivo en Madrid e gustariame moito recibir o libro.

  7. Tome Castro di:

    A Coruña, Galiza

  8. Nacho di:

    Eu vivo en Madrid e gostaría de ter este exemplar 🙂

    Saúde

  9. javier di:

    Ola,eu vivo na Galiza e non me quedou moi claro como facer pra comprar o libro,se alguén me poidese axudar.

  10. Cande di:

    Eu vivo en Bergantiños aínda que estou indo e vindo debido ao mercado laboral. Eu quería un para min aínda se publicárades o PDF evitaríamos matar un par de árbores 🙂 Moi bo a iniciativa. Unha aperta

    • casdeiro di:

      Si, tes razón 🙂 Non sei se un par de árbores porque o libro eche pequerrechiño 😉

      De todos xeitos, si, a edición en PDF é a única que podemos enviar a Galiza. Xa che explico por email como podes facer para conseguila.

  11. Isa di:

    Vivo en Galiza e tamén me gustaría recibir o libro.

  12. Cris SC di:

    Eu vivo na Coruña, e encantaríame recibi-lo libriño! 🙂

  13. Xurxo López di:

    Eu vivo en Barcelona, por Navas, e gustaría de recibir o libriño! Obrigado

  14. Fernando di:

    Son de Galiza!!

  15. Ana Hermida di:

    Vivo en Galicia, aínda que estiven na diáspora máis dunha década, e quero ter un exemplar.

  16. Nuria di:

    Moi boas, non teño moi claro o que hai que facer pero gustaríame moito ter un exemplar. Vivo En Galiza. Moitas grazas

  17. Adrián Magro di:

    Eu vivo fun nado na Coruña, porén moro en Vác, Hungria. Participei económicamente mais ninguén me pidiu o enderezo e estou con medo de que non me chegue. Quería saber se debía madar o meu enderezo postal e onde debería mandá-lo. Grazas.

    • casdeiro di:

      O de non vos ter pedido o enderezo aos que puxestes a vosa axuda vía Verkami é porque aínda están procesando os cobros e verificando que todo estea correcto. Despois é cando nos ingresan o diñeiro e a partir de aí comezaremos a poñernos en contacto coas persoas cuxo pagamento non tivera problemas.

  18. Lupe di:

    Hola
    Vivo nas Illas Canarias e tamén gustaríame moito ter un exempla do libro. Graciñas

  19. Pablo José Prieto Nieto di:

    Hola,
    Soy nieto de gallegos, les escribo desde Chile y tengo mucho interés en recibir el libro. Gracias por la consideración.

  20. pilar di:

    Ola!!!. Eu vivo en Salamanca, e tamén estaría interesada en recibi-lo libro. Grazas. Un saúdo.

  21. Anita di:

    Hola !!
    Vivo en Francia (Saint Denis en las afueras de Paris), mi padre es gallego : de As Pontes, nacio en “A Fraga Cha”, ayer cumplió sus 50 añitos en Francia !!
    Mucho me gustaría recibir este libro para ofrecérselo !!
    No escribo gallego pero sí que lo leo lo entiendo e incluso lo hablo bastante.

    Unha aperta !!

  22. Pingback: Solicita o teu exemplar de «Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos» : Cadernos de Comunicación e Análise

  23. Locho di:

    E os que vivimos en Galicia…como podemos facernos co libro?

  24. Ana di:

    Bos días!
    Hoxe recibín o libriño!!! Non podedes imaxinar a miña ledicia! E xa vin uns cantos nomes que me gustan para o noso neno, jejeje.
    Moitísimas gracias e biquiños dende Tenerife!!!

    • casdeiro di:

      Alédanos moito que che gustara, Ana. Este ano estamos a enviar máis libros para espallar aínda máis esta descoñecida parte da nosa herdanza cultural. Unha curiosidade: ao final qué nome lle puxestes ao neno? 🙂

  25. Galeguiña di:

    Ola! Encantaríame ter un libro dos nomes galegos (en papel ou PDF).
    Vivo en Galiza, podedes informarme sobre como o podo conseguir?
    Mil grazas!!!!

  26. Sergin Castanheira di:

    Boas! Eu resido en Brasil, e gustaríame moitísimo poder adquirir o libro.
    Obrigado.
    Unha aperta.

  27. Edu di:

    Eu vivo en Londres e gustaríame recibir ese libro vou ter un fillo e quero poñerlle un nome en galego, estiven procurando nomes polo internete pero a xente so fai repetilos mesmos e foros non axudan moito coa súa verdadeira procedencia.

    Un saúdo

  28. Manuel di:

    Vivo en Nueva York, de familia gallega. Me interesaría conseguir una copia del libro si todavía tienen alguna disponible.

    Muchas gracias!

  29. Ricardo Portela Taboada di:

    Soy uruguayo, con residencia en Buenos Aires, e hijo de madre y padre pontevedreses. Me gustaría contar con ésta obra. Me dirán si es posible y que instancias habría que cumplimentar por mi parte para que así fuera. Aperta dende Arxentina…!

  30. Javier di:

    Helsinki, moi boa iniciativa, grazas de corazón!

Os comentarios están pechados.