Solicita o teu exemplar de “Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos”

Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicosO ano pasado, coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia realizamos e publicamos un pequeno pero valioso libro que recolle a maior colección de nomes galegos e muller e de home que coñezamos. Outros aspectos destacados da obra son o especial fincapé na recuperación de nomes galaicos (célticos) e as novas propostas de renovación antroponímica que inclúe.

Este libro foi creado pensando nas galegas e galegos da Diáspora, quen o recibirán de balde se acadamos a financiación precisa este ano 2013 para custearmos os envíos. Polo de agora podedes enviar a vosa solicitude para o recibirdes, e así saberemos aproximadamente cántos exemplares teremos que enviar a cada punto da nosa Diáspora.

Para apuntarte só tes que deixar un comentario ao pé desta noticia, indicando o teu nome de usuario en Fillos de Galicia. Non fai falta que deixes datos concretos do teu enderezo: abonda con que nos digas en qué país ou comunidade autónoma española resides. Tamén podes, alternativamente, enviar unha mensaxe a aprendendogalego ARROBA fillos.org

Limiar da obra

O libriño que tes entre as mans é froito do continuado interese na nosa asociación pola difusión da antroponimia galega entre todos os galegos, especialmente entre aqueles descentes de galegos interesados na cultura dos seus antergos. Pode sorprender a escasa presenza de nomes galegos entre os fillos e netos da nosa diáspora, pero se ollamos cara o propio país, veremos que tamén son minoritarios os galicianos e galicianas que levan un nome recoñeciblemente galego. Un motivo disto, entre outros, coidamos que é o descoñecemento da riqueza do noso patrimonio onomástico. Por iso quixemos publicar esta escolma —necesariamente incompleta— para achegar algo na necesaria recuperación dos nomes galegos. Pero alén dos Brais, Uxía e outros certamente de moda na actualidade, quixemos ampliar as opcións ollando cara atrás e achegando nomes pouco coñecidos, pescudando mesmo no inmenso patrimonio que nos achega a toponimia e que nos desvela o magnífico filón da antroponimia céltica galaica grazas a traballos coma os de Joaquín Caridad Arias. O noso pobo pode —do mesmo xeito que fixeron outros coma os vascos— recuperar con éxito fermosos nomes documentados no seu pasado ou tirar da súa amplísima toponimia para renovar o repertorio de nomes cos que chamarmos aos nosos fillos, tamén na Diáspora. Un descendente de galegos na Arxentina, orgulloso das súas raíces, por que non podería poñerlle a unha filla un nome galego en troques doutro de orixe anglosaxona, hebrea ou aínda máis exótica e sen ningunha relación cos seus antergos? …E o mesmo valería dicir dos galegos da Galiza!

Polo formato reducido desta obra, pensado para poder ser enviada de maneira económica a calquera lugar do mundo onde haxa un galego ou unha galega, tivemos necesariamente que deixar fóra moitos datos de cada nome. Aconsellamos ás persoas interesadas nalgún nome en concreto que acudan ás fontes que citamos na bibliografía para completar detalles sobre cada un deles. Recomendamos especialmente o magnífico Dicionario dos nomes galegos, da editorial Ir Indo, cheo de referencias a persoaxes históricas, santos, detalles etimolóxicos, diminutivos de cada nome e mesmo refráns e cantigas relacionados. A pretensión deste libriño noso non é aprofundar en cada forma onomástica, senón ofrecer un panorama o máis amplo posible. Se cadra en posteriores edicións poderemos engadir novas referencias documentadas na Idade Media e novas formas galaicas agachadas nos nosos nomes de lugar, que sabemos existen e están agardando a que as recuperemos. Animamos en calquera caso aos pais e nais a non limitarse aos nomes que aquí recollemos e a innovaren acudindo directamente aos nomes de lugares, montes ou ríos, que moitas veces son produto dun antigo nome de persoa ou dun deus, e que en calquera caso son válidas referencias per se pois da antroponimia á toponimia hai unha permanente viaxe de ida e volta ao longo da historia. Agradeceremos que nestes casos se nos envíen estes novos nomes galegos para os incluírmos en posteriores edicións e así dármosllelos a coñecer a máis familias galegas en todo o mundo.


Actualización 08/08/2013

Para axudar a custear os envíos dos libros puxemos en marcha unha campaña de captación de fondos (crowdfunding) na plataforma Verkami. Se podes achegar desde tan só 5 euros para facer posible o envío dun libro, visita a páxina da campaña e apúntate como mecenas.

Por certo, aínda que vexades que na campaña puxemos como obxectivo só 50 exemplares, imos tentar enviar moitos máis así que non deixes de anotarte ao pé desta páxina, mediante un comentario, para recibir un exemplar, sempre e cando residas fóra de Galiza. Para contribuír economicamente aos envíos, tamén o poderán facer os galegos de Galiza.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

272 respostas a Solicita o teu exemplar de “Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos”

  1. Vanesa di:

    Eu vivo en barcelona (esplugues). Parabens porque e unha idea xenial

  2. Boas!! Noraboa pola idea, e fantástica! A miña parexa más eu tiñamos pensado poñerle a noso fillo, que vira en breves, un nome gallego, e a iniciativa do libro e unha explosión de ideas que agradecense moitisimo. Polo traballo vivimos en Madrid, na calle [ELIMINADO]. Grazas, moitas grazas!! E parabens!!

    • casdeiro di:

      Grazas polo voso interese, Ángel e Eva. Xa tomamos nota do enderezo pero non debíades poñelo á vista de todos, por privacidade. Un saúdo e de contado habedes recibir un exemplar. Sorte co final do embarazo e parabéns!

  3. Gema di:

    A min encantaríame ter un! Vivo en Madrid cunha morriña constante 😉
    Noraboa pola iniciativa, a idea é xenial e moi moi bonita!

  4. Boas! Son a parexa de Ángel, e como dixo, queremos poñer un nome de orixe galego a noso fillo, xa que estamos maís que orgullosos da nosa orixe. Noraboa pola iniciativa!!

  5. Lucía di:

    Hola, encantaríame ter o libro, xa que para os meus sobriños andaba buscando nomes en galego. Agora mesmo vivo en Córdoba pero con proyecto de irme a Sudamérica. Moitas gracias e noraboa pola iniciativa.

  6. angela di:

    Interésame moito te-los nomes galegos, agora mesmo vivo en Barcelon e,seguramente terei que,marchar fóra. Graciñas.

  7. Nieves di:

    Mi hija está embarazada y me ha cedido la elección del nombre y que mejor que uno de mi tierra.

    Vivo en Barcelona

  8. Tania di:

    Estou interesada no libro para algún día poñerlle aos meus fillos un nome galego!

    A Coruña

  9. Belén di:

    Vivo en Pineda de Mar, Barcelona! Estoy pensando en tener un peque, y me encantaría ponerle un nombre galego, y a mi pareja también!! Estaríamos encantados de tener este libro! Mi novio se llama Breogán, sus hermanas Iria y Tamara. Nos gustaría seguir con la tradición.

    Muchas gracias!

  10. Natalia di:

    Vou ter unha nena e estou moi interesada en recibir este libro, xa volo pedín tamén por enderezo electrónico pero non recibín resposta. Aínda que resido en Madrid prefiro que mo enviedes a Coruña. Mil grazas.

  11. Alexandre di:

    Boas, eu estou interesado en adquirir o libro

  12. Iria R. di:

    Eu tamén!
    Estou vivindo en Irlanda.
    Graciñas e noraboa!

  13. Sandra Baeza di:

    Outra fermosa iniciativa da Fillos de Galiza para os que estamos lonxe da terra nai, pero sempre unidos a ela!
    Gustaríame recibir un libro, para difundir os nomes galegos en Chile, pais ao que os meus bisavós e meu avóa chegaron e entregaron a súa vida.
    Moi unida a todos vostedes dende este lado do charco!

    Eu son Filla da Galiza
    Santa María de Mourente/Pontevedra/ Galiza
    Viña del Mar/ V región/ Chile

  14. millan di:

    Boas! Agradeceriavos un exemplar! Eu levo un ano en Valencia, Venezuela. A miña dirección é [ELIMINADO]. Noraboa pola iniciativa. Mil grazas!!

    • casdeiro di:

      Millán, borramos o teu enderezo para protexer a túa privacidade. Non deberías publicalo á vista de todo o mundo nunha páxina de web. Xa tomamos nota e quedas anotado na lista de receptores.

  15. Sergio di:

    Tremenda iniciativa, encantaríame ter ese libro. Vivo en Madrid

  16. SaraSarone di:

    Sería unha ledicia ter un exemplar… para os nosos futuros meniños!!!
    Saúdos e noraboa pola iniciativa, apertas!!!

  17. SaraSarone di:

    Por certo… escribo dende Compostela

  18. Cristina Borrajo di:

    siiiiiii, eu en Barcelona preciso un por favor!!!!
    Parabéns polo traballo

  19. Iria di:

    Anda, pues yo vivo en las alemanias y me gustaría mucho recibir uno de estos libros, aunque fuese simplemente en formato electrónico 🙂 Dejo aquí mi email para que me contactéis y os paso mi dirección postal.

  20. Jesus BG di:

    Ola! pois estaría moi ledo se poidese recibir unha copia do libro. Vivo por Madrid. Contactádesme vos?

    Saúdos!

  21. Germán Fernández Arias di:

    Sou da quinta provincia, Bos Aires. Tamén quero axudalos economicamente con algunha colaboración se precisan.

    Apertas!

  22. Germán Fernández Arias di:

    Soy da quinta provincia, Bos Aires.
    Tamén vou colaborar cuns cartos se cadra. Apertas!

  23. Sylvia CG di:

    Ola xente!
    Descubrinvos hai uns días, encantoume a páxina.
    Gustaríame facerme cun exemplar, aínda que agora vivo na terriña,
    fumos emigrantes en Francia e Suiza, grazas a esa emigración hoxe en día traballo de tradutora 🙂
    Apertas a tódolos emigrantes daquí e dacolá!

  24. Elena di:

    Eu tamén estou interesada en recibir o libro. Incluso unha copia en dixital ía ben, sen necesidade de gastar máis papel. Son do Barbanza 🙂

  25. Ana di:

    Ola!
    Acabo de descubrirvos gracias a que estamos a empezar a buscar nomes galegos! Así que me gustaría te-lo voso libro. Tamén me serviría a versión electrónica, que aforra os gastos de envío. Eu vivo en Tenerife.
    Saúdos

  26. Nelida Lucia Bruno Gomez di:

    Estimado Manuel, deseo recibir en nombre de mi esposo Manuel Gomez Diaz un ejemplar de «Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos», ya que el formaba parte de Los Fillos de Galicia en Argentina, visito tu blog asiduamente, Gracias !!!…

    • casdeiro di:

      Hola, Nélida. Me alegra saber que sigues al tanto de Fillos. Por supuesto que te enviaremos un ejemplar… Ahora te solicitaré tu dirección postal por correo electrónico privado. Un abrazo.

      • Nelida Lucia Bruno Gomez di:

        Manuel, gracias por responder, envío mi dirección postal por correo electrónico privado, sigo conectada a Fillos y los tengo en mis favoritos!!!… te deseo lo mejor, saludos desde Argentina.

  27. Silvana Rodriguez MAyo di:

    Hola !!!!!!
    Quiero un ejemplar de Nomes galegos.

    Gracias !!!!

  28. Beatriz Alen di:

    Me interesa mucho leer el libro «Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaico. No hablo ni escribo en gallego pero leo y entiendo perfectamente. En realidad el gallego fue mi lengua materna. Mi madre, María, llegó a Buenos Aires en marzo del 36, al poco tiempo lloraba por los hermanos republicanos de los que no tenía noticias. Ella había ido a una escuela rural en un pueblito de Orense (Viñao) donde le prohibían hablar gallego y le habían enseñado que era un dialecto. Una vez fui con ella a la feria del libro de Buenos Aires, le mostré un libro de Rosalía de Castro y ella me dijo abriendo grandes los ojos “pero si el gallego no se escribe”. Después recorrió sus páginas con una sonrisa, me leyó poemas…Por eso quiero tener este libro. Mi dirección postal es [ELIMINADA]. Desde ya muy agradecida. Los saludo con afecto.
    Beatriz Alen

    • casdeiro di:

      Grazas por compartires a túa historia, Beatriz. Eliminei o teu enderezo do comentario para protexer a túa privacidade. Pero tomei nota del para che enviarmos o libro. Espero que alcancen os cartos para volo mandar a tanta xente como o estades a solicitar! 🙂

  29. Martin Urgal di:

    Hola! Eu vivo en Paris e gustariame non perder a minha identidade e q os meus fillos saiban de donde venhen.
    Grazas

  30. María Barreiro Rincón di:

    Ola, meu querido Manuel! Teño tanta ilusión de recibiren o Libro dos nomes galegos! Os meus fillos tamén o agardan con ledicia. Xa coido que saibades da miña mudanza a la provincia de Bos Aires. Non sí? Calquer cousa, podedes pedirme o novo enderezo de Correo. Seica xa o enviéi…non estou moi segura…
    Miles de biquiños a todos vós: Aniña, Brais ( o meu compañeiro), Antía e máis ti… Xamais bórranse da miña memoria as bágoas que compartimos na miña derradeira noite no meu benquerido Santiago…Quérovos!!!

  31. jacobo mariño di:

    Por favor quisiera recibir un ejemplar.
    Muchas gracias

  32. Me encantaría recibir un ejemplar, si pudiese ser.

    Muchas gracias de antemano

  33. Yo quiero el mio y el de mi Madre, un gusto recibirlo!!

  34. Yo quiero el mio sin duda alguna!!

  35. Sin duda alguna yo quiero el mio..Muchas gracias de antemano!! Desde Carúpano, Estado Sucre en Venezuela.-

  36. Daniela Quintans di:

    A mi me encantaria recibir este libro. Vivo en Rio de Janeiro, Brazil. Gracias.

  37. vane amoedo di:

    Me encantaria ter un exemplar

  38. vanessa di:

    Eu estou en Portugal. Tamén quero un.

  39. Patricia di:

    Hola, como están, he recibido dos mails de ames@fillos.org con fecha 5-9-2013 y , 13-9-2013, solicitando mi dirección para enviarme el libro ya les he pasado mis datos contestando los mails de ustedes, pero me gustaría me confirmen si lo han recibido o debería pasarlo nuevamente o en caso contrario publicar mi dirección postal aquí. Cariños desde Argentina.

  40. Patricia di:

    Ola, acabo de coñecer esta iniciativa e a campaña de verkami rematou onte, habería algunha outra forma de conseguir o libro residindo en Galiza?

  41. Eu tamém gostaba de o recibir!!
    Estamos por Barcelona

    Um saudo e moitísimas grazas!!
    m*

  42. isabel di:

    Bos dias!

    Noraboa polo libro, e realmente unha idea moi interesante.
    Mandariadesme o libro a Londres?

    Unha aperta moi forte.

    Isa

  43. ANA V di:

    QUERO UNNNN!! RESIDO EN OUTES

    • casdeiro di:

      As persoas que residen en Galiza non poden recibilo. A única maneira era ter unha copia en dixital colaborando coa campaña de Verkami, pero xa rematou. Se aínda así estás interesada no formato dixital, escríbenos a AMES arroba FILLOS punto ORG a ver qué podemos facer.

  44. ao di:

    Gustaríame un. Vivo en Corme.

    • casdeiro di:

      Dígoche o mesmo que lle dicía a Ana V. O libro vai destinado aos que viven na Diáspora e a única maneira de conseguilo os residentes en Galiza era en formato dixital, mediante unha colaboración económica en Verkami que nos permitese mandar máis libros impresos aos da Diáspora.

  45. Andresiño di:

    Ola, xenial iniciativa! Os meus parabéns porqué debería haber máis accións coma esta para poñer en valor a cultura e a nosa maltratada lingua galega. Unha aperta dende Barcelona

    • casdeiro di:

      Grazas, Andresiño! Pero non me queda claro se queres un exemplar. Se é así, por favor envía con urxencia un email a AMES arroba FILLOS punto ORG.

  46. Paula di:

    Bos días!que mágoa, acabo de saber da vosa existencia por unha publicación de Twitter en galego e supoño que chego tarde á posibilidade de facer e cun exemplar aquí en Iruña…de ser así, non pasa nada…alomenos servirá para seguirvos a partires de agora…Unha última dúbida, a campaña de verla mi segue aberta para poder contribuir?Grazas e noraboa polas vosas iniciativas!

  47. alicia di:

    Ola!

    E posíbel ter un exemplar para Madrid. Estou a buscar nomes para o meu fillo e aínda non atopei o que me guste!

  48. José Gonzalo Calvete Cañón di:

    Eu vivo en Colmar (Francia). Parabéns porque e unha idea xenial !

  49. Carlota Canedo di:

    Hola!!! unha picholeira, residente en Compostela! quero poñerlle aos meus fillos (cando os teña) nomes galegos, se puidérades mandarme un exemplar, quedaría moi contenta! moitas grazaaas.

    • casdeiro di:

      Temo que para os residentes en Galiza non podemos enviar o exemplar impreso. Só había a posibilidade de recibir un dixital se se achegaba algo de diñeiro para pagarmos os envíos dos exemplares dirixidos á Diáspora. Se aínda che interesa, podes escribirnos a AMES arroba FILLOS punto ORG.

  50. Ana di:

    Boas! Eu son do Porriño e encantaríame poder recibir o libro!!

    • Ana di:

      Vale, xa vin que só é para a diáspora! perdoade 🙂

    • casdeiro di:

      Insisto en que os residentes en Galiza non poden recibir o libro, polo menos non o libro impreso. Síntocho ben! 🙁

      Se aínda así queres facer unha achega económica para que poidamos enviar máis libros á diáspora, poderías conseguir un exemplar en formato PDF.

Os comentarios están pechados.