Axúdanos a espallar os nomes galegos na Diáspora!

Fillos de Galicia - Libro de antroponimia galegaHoxe puxemos en marcha unha campaña de crowdfunding na plataforma Verkami para conseguirmos os fondos necesarios para enviar o noso libro Nomes Galegos de hoxe e de onte a todas as persoas que solicitaron (e o seguen a solicitar), ou cando menos aos 50 primeiros.

Teremos 40 días para xuntar os algo máis de 300 euros que nos costará enviar o libriño, sen custo algún para os receptores, pois é de balde, a 50 persoas residentes en diversos países da nosa Diáspora.

Se ti dispós de tarxeta de crédito podes facer realidade este envío, e figurar como mecenas da cultura galega desde tan só 5 euros. Se cadra dentro de pouco algún fillo ou filla, neto ou bisneta de galegos vai levar un nome galego na Arxentina, en Venezuela, no Brasil, en Cuba ou na Suíza… e será grazas a ti! 🙂 Axúdanos neste fermoso soño para aumentarmos a presenza da nosa antroponimia e que os galegos do exterior poidan tamén coñecer esta parte da súa cultura, algo imprescindible para a mantermos viva!

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Axúdanos a espallar os nomes galegos na Diáspora!

  1. Montse di:

    Hola, encantarìame recibir un dos exemplares.

    Un saúdo

    Montse

Os comentarios están pechados.