Antroponimia.DeGalicia.org, o novo web para espallar os nomes galegos

Durante este mes procedimos, grazas a unha subvención da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, a realizar máis de 100 novos envíos gratuítos do noso libriño recopilatorio de nomes galegos de muller e de home, publicado no 2012 tambén grazas á axuda da Xunta de Galicia. Este ano boa parte dos receptores foron centros galegos e outras entidades galegas da nosa diáspora, polo que a partir de agora a nosa antroponimia poderá multiplicar o seu alcance por medio das bibliotecas destes centros de España, Europa e América.

captura-web-antroponimia-degalicia-2014Como novidade, este ano aproveitamos para crear unha versión en formato web do propio libro para así non limitar a difusión dos nosos nomes aos receptores dos libros impresos, senón que calquera persoa de orixe galega no mundo ou calquera persoa interesada en coñecer a nosa antroponimia poderá facelo doadamente mediante un acceso a Internet visitando http://antroponimia.degalicia.org, o noso novo web. Neste web poderedes apreciar todos a enorme cantidade de nomes e variantes que foron recollidas e que configuran, ao noso entender, a máis completa escolma de nomes galegos e tamén galaicos, pois quixemos ollar neste libro, como xa sabedes, á nosa antroponimia prerromana, aínda agachada en moitos topónimos do noso país.

As persoas e entidades que chegárades tarde a pedirnos un exemplar do libro, podedes consultar os nomes neste web e tentalo o ano que vén, se temos a sorte de dispoñer de algo de cartos para os envíos postais do libro físico. Grazas a todos os que amosastes interese e, sobre todo, grazas a todos os que poñedes nomes galegos aos vosos fillos e fillas, sen importar en qué recanto do mundo vivades!

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Antroponimia.DeGalicia.org, o novo web para espallar os nomes galegos

  1. xose manuel cabo vidal di:

    Precisaba ollar este libro coa intencion de encontrar un nome galego para aconsellar a un familiar. Como pai fai 30 anos puxemoslle utiluzando o libro de nomes galegos( non sei cal xa que llo deixei alguen),alba noela a nosa filla, mais adiante anxela tamara a afillada e agora quixera facer o nesmo cun ou cunha netiña. Grazas

  2. Xa recibín o libriño, “Nomes galegos de hoxe e de onte”, moitas grazas.
    Grazas a toda xente de FILLOS DE GALICIA e as institucións que axudaran nas subvencións de envío.

Os comentarios están pechados.