Convocada asemblea xeral de socios para o 1 de decembro

logo-fillos-275x275Informamos de que o vindeiro día 1 de decembro comezará unha nova Asemblea Xeral de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Velaquí a convocatoria oficial:

Con data de 18/11/2014 convócase a XIV asemblea ordinaria de socios, que se celebrará, coma sempre, por medio de lista privada de correo electrónico, restrinxida ás persoas que teñan a condición de socios.

Comezará o día 1 de decembro de 2014 e terá como orde do día os seguintes puntos:

  1. Presentación do estado de contas e informe da xestión da actual Xunta Directiva.
  2. Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión.
  3. Presentación de candidatos a cargos directivos.
  4. Debate sobre a situación actual da asociación e evolución prevista para o 2015.
  5. Debate e propostas sobre a nova etapa Fillos 6.0.
  6. Revisión do importe da cota de socios e dos medios de pagamento.
  7. Presentación dunha estimación de ingresos e gastos a cargo dos candidatos á Directiva.
  8. Outras cuestións presentadas polos socios.
  9. Votación para a elección da nova Directiva.

Con vistas a esta asemblea a nosa Xunta Directiva quere facer un duplo chamamento:

  1. Aos socios actuais para que colaboren para poñeren ao día o pagamento das súas cotas e así poder participar con pleno dereito nesta nova asemblea.
  2. A todos aqueles membros da comunidade virtual Fillos, simpatizantes e colaboradores interesados nas actividades da nosa asociación, para que se unan a ela como socios antes do día 1 de decembro para así poder participar con plenos dereitos nas decisións e poder presentarse a cargos directivos, facer propostas e —en definitiva— formar parte da asociación.

As persoas interesadas facerse socios deben poñerse en contacto con ames ARROBA fillos PUNTO org o antes posible, para indicarlles como faceren o pagamento da súa cota para participaren como socios nesta XIV Asemblea Xeral de socios.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Convocada asemblea xeral de socios para o 1 de decembro

  1. Javier Iglesias Fernández di:

    Boas

    Vivo en Girona, estaría interesado en facerme socio e ademáis, se pode ser que me enviedes una copia do libro de nomes, xa que espero dentro de non moito me faga falla para tomar algunha decisión.

    Gracias e un saludo

Os comentarios están pechados.