Fillos publica o seu 5º libro: «Xantares galegos», un libro de receitas da nosa gastronomía

Tras as nosas anteriores publicacións (A nosa voz, 2005; O papel de Internet na conservación da identidade e cultura galegas entre os descendentes dos emigrantes, 2006; Antoloxía poética de diáspora galega, 2007; Nomes galegos de hoxe e de onte: Antropónimos galegos e galaicos, 2012) vimos de sacar do prelo un novo libro, desta volta novamente coa axuda económica da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e grazas ao labor de Fernando Afonso, Crisanto, un dos nosos socios e directivos, que foi o encargado de compilar, preparar e acrecentar con receitas de seu, o material que se tiña publicado ao longo do tempo da sección gastronómicas da nosa Comunidade Virtual.

C_Xantares_A5_307x210mm-VersionFinal-RECURTADO-740x503

O libro leva por título Xantares galegos: Delicias que namoran os cinco sentidos, e contén nas súas case que 200 páxinas, máis de 200 deliciosas receitas de todo tipo, clasificadas en:

  • Receitas básicas.
  • Arroces.
  • Carnes.
  • Cocidos e verduras.
  • Cogomelos.
  • Empanadas.
  • Entrantes.
  • Produtos do mar.
  • Sobremesas e Licores.

Entre os seus atractivos tamén conta cun sabedeiro prólogo do noso tamén socio Amador Castro, escritor residente en Cataluña, e cuna cuberta deseñada polo noso colaborador gráfico habitual Martiño Picallo, Luscofusco.

C_Xantares_A5_307x210mm-VersionFinal-FRAG-LOGOTIPOSO libro é totalmente gratuíto, e este ano comezamos a súa distribución entre as persoas socias da nosa Asociación Cultural. No futuro esperamos contar con novas axudas económicas que nos permitan continuar enviando o resto da edición a outros membros da nosa Comunidade Virtual.

Permanecede atentos ás nosas novas aquí e nas redes sociais para saber cándo haberá unha nova oportunidade de o conseguir.

Grazas novamente á Xunta de Galicia e a todas as persoas que fixeron posible este fermoso e práctico libro.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia, Literatura galega e etiquetada , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Fillos publica o seu 5º libro: «Xantares galegos», un libro de receitas da nosa gastronomía

  1. Como fago para recibir o libro “Xantares galegos” publicado pola Asociación Cultural Fillos de Galicia

Os comentarios están pechados.