Convocada a XV asemblea xeral de socios para o 1 de decembro

logo-fillos-275x275Informamos de que o día 1 de decembro de 2015 comezará unha nova Asemblea Xeral de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, a que fará o nº XV das asembleas xerais ordinarias.

A asemblea hase celebrar, coma sempre, por medio de lista privada de correo electrónico, restrinxida ás persoas que teñan a condición de socios no momento de comezo da asemblea.

Comezará o día 1 de decembro de 2015 e terá como orde do día os seguintes puntos:

  1. Presentación do estado de contas e informe da xestión da actual Xunta Directiva.
  2. Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión.
  3. Presentación de candidatos a cargos directivos.
  4. Debate sobre a situación actual da asociación e evolución prevista para o 2016.
  5. Debate sobre o remate do proxecto Parcelaria.
  6. Debate sobre a posible revisión do importe da cota de socios e dos medios de pagamento.
  7. Presentación dunha estimación de ingresos e gastos a cargo dos candidatos á Directiva.
  8. Outras cuestións presentadas polos socios.
  9. Votación para a elección da nova Directiva.
  10. Mudanza de sede: propostas e votación.

Con vistas a esta asemblea a nosa Xunta Directiva quere facer un duplo chamamento:

  1. Aos socios actuais para que colaboren para poñeren ao día o pagamento das súas cotas e así poder participar con pleno dereito nesta nova asemblea.
  2. C_Xantares_A5_307x210mm-VersionFinal-RECURTADO-740x503A todos aqueles membros da comunidade virtual Fillos, simpatizantes e colaboradores interesados nas actividades da nosa asociación, para que se unan a ela como socios antes do día 1 de decembro para así poder participar con plenos dereitos nas decisións e poder presentarse a cargos directivos, facer propostas e —en definitiva— formar parte da asociación. Como novidade, este ano as persoas que se fagan socias recibirán de agasallo (até o final de existencias) un exemplar do libro publicado este ano pola nosa asociación: Xantares Galegos, que recibirán de balde nos seus domicilios en calquera lugar do mundo.

As persoas interesadas facerse socios deben poñerse en contacto con ames ARROBA fillos PUNTO org o antes posible, para indicarlles como faceren o pagamento da súa cota para participaren como socios nesta XV Asemblea Xeral de socios.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia, Parcelaria Virtual pola Cultura Galega e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

6 respostas a Convocada a XV asemblea xeral de socios para o 1 de decembro

  1. Beatriz Leonor García García di:

    ¿dónde se encuentra la sede? y ¿cómo nos podemos asociar? Perdón pero aún no se gallego!

    • casdeiro di:

      Disculpa, Beatriz. El sistema no nos avisó de tu comentario 🙁 Este año podrás participar si quieres. La sede está en el País Vasco, pero las asambleas las realizamos por Internet, así que no hay problema.

  2. Maria Bande di:

    si estou interesada no libro , moitas gracias x tomar en conta a xente que esta lonxe da terra

  3. Maria Bande di:

    si estoy interesada en el libro , muchas gracias x tomar en cuenta a los que estamos lejos de ella

  4. SONYA RODRIGUEZ di:

    Buenas Noches estoy interesada en vuestro libro. Indicarme como realizar el pago desde el exterior( Venezuela).
    Alguna posibilidad a traves de la Hermandad Gallega de Venezuela ya que soy socia.

    saludos

    gracias

    • casdeiro di:

      No, me temo que no tenemos relación con ellos. Siento no haber visto tu mensaje antes. Dado que no entramos con frecuencia a administrar el blog, precisamente por eso dábamos un email de contacto. Si sigues interesada en ser miembro de Fillos, aún puedes escribirnos: la asamblea ya ha terminado y ahora podemos aceptar nuevas afiliaciones. Gracias por tu interés y disculpa la tardanza en contestar.

Os comentarios están pechados.