A #LiricaGastroNimica en RadioVoz Galicia

O pasado domingo 6 de novembro a xornalista Eva Millán entrevistou o delegado de Fillos en Galicia no seu programa de radio “Con voz de domingo”, para se interesar pola campaña #LiricaGastroNimica e polas demais actividades e historia da nosa asociación.

Podedes escoitar aquí o fragmento do programa coa entrevista a Casdeiro.

primeiros-envios-liricagastronimica-p1090069-contrastada-w800-conlogoehashtagPor outra banda, informamos de que os primeiros envíos de libros aos solicitantes xa están en camiño. Hoxe depositamos no servizo de Correos os primeiros 23 paquetes con libros destinados a lugares como Arxentina, Brasil, Venezuela, México, EUA, Chile, Francia, Canadá, León, Cataluña… Nos vindeiros días seguiremos realizando envíos por orde de solicitude até onde alcanzaren os cartos doados polos 36 xenerosos e fraternos galegos e galegas que apoiaron a nosa campaña de crowdfunding.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia, Fillos nos medios e etiquetada , , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.