Resultados da campaña #LiricaGastroNimica en cifras

Unha vez enviado hoxe o derradeiro libro, fican esgotados os fondos conseguidos para esta campaña, e facemos resumo da mesma:

  • 806 € conseguidos (de 775 € postos como obxectivo inicial) na campaña solidaria en Verkami.
  • 36 mecenas: persoas galegas, residentes dentro e fóra de Galiza, que puxeron eses cartos para que outras persoas puidesen recibir os nosos libros de balde.
  • 124 libros enviados ás persoas solicitantes (55 beneficiarias, de 113 solicitantes):
  • 14 libros enviados de recompensa aos propios mecenas.

Estas cifras reflicten non só un notable éxito, senón que aínda temos moito que facer, malia o desprezo desta Xunta de Galicia que concedeu este ano 0 € para as nosas actividades. Se cadra deberían aprender da solidariedade de galegas e galegos de a pé, que poñendo cartos do seu peto (tamén os da Xunta son cartos da xente de Galiza, por suposto!) fixeron posible o que eles non quixeron apoiar. Aínda nos quedan ducias de persoas por todo o mundo, de orixe e querencia galegas, desexando recibir os libros que publicamos e adoecendo por beber da nosa cultura, unha cultura que tamén se fai desde a diáspora, como sempre viñemos defendendo desde Fillos de Galicia.

Agardamos que no novo ano 2017 estes erros de quen xestionan os cartos de todas as galegas e galegos sexan enmendados e os cartos sexan distribuídos entre os proxectos das entidades da diáspora con xustiza para todas.

PS: Se ti fuches unha das persoas que quedaches sen estes libros este ano, e estás disposto/a a pagar os gastos de envío, non quedes coas ganas deles: podes pedir que chos envíen aos nosos amigos de asociación Touda, que os teñen na súa tenda online. Lembra que moitos dos nosos libros son gratuítos!

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.