A estrutura organizativa de Fillos de Galicia

Este esquema pretende resumir como se organiza internamente Fillos de Galicia:

Asociación e Comunidade

En primeiro lugar hai que diferenciar 2 colectivos:

  • A Asociación Cultural Fillos de Galicia: son os socios, os responsables de todo o proxecto, con capacidade de decisión e que achegan unha cota anual.
  • A Comunidade Virtual (ou rede social online) Fillos de Galicia: son os membros, moito máis numerosos e que utilizan os nosos servizos de balde. Todos os socios son tamén membros.

Estrutura da asociación

A estrutura orgánica (estatutaria) da asociación é semellante a calquera outra ou a calquera centro galego: hai unha directiva, cun presidente e outros cargos directivos, e unha asemblea soberana de socios. En Fillos practicamos a cotío a democracia directa, somentendo aos socios as decisións máis importantes en todo momento por medio da lista de correo dos socios, unha especie de asemblea virtual permanente.

Ao longo dos anos fomos creando tamén unha estrutura funcional, baseada en responsable de área. Actualmente existen os seguintes:

  • Moderador da lista FILLOS-L: Función exercida actualmente por Gabrielinho desde Galiza.
  • Responsable de atención do correo xeral: info ARROBA fillos PUNTIÑO org. Función exercida actualmente por Esteirana desde Galiza.
  • Responsable do Atopadoiro: atopadoiro ARROBA fillos PUNTIÑO org. Función exercida actualmente por Crisanto desde Euskadi.
  • Responsable do Voluntariado: voluntariado ARROBA fillos PUNTIÑO org. Función exercida actualmente por Sbaezagarr desde Chile.
  • Responsable de Lingua e Cultura: linguaecultura ARROBA fillos PUNTIÑO org. Función exercida actualmente por Silvine desde Arxentina.
  • Responsable da sección de Gastronomía. Función exercida actualmente por Crisanto desde Euskadi.
  • Responsable de PlanetaGalego.info: planeta ARROBA fillos PUNTIÑO org. Función exercida actualmente por Gabrielinho desde Galiza.
  • Responsable de Galeguidade.net: novas ARROBA galeguidade PUNTIÑO net. Función exercida actualmente por RDservia desde Arxentina.
  • Responsable de Promoción e Marketing: marketing ARROBA fillos PUNTIÑO org. Función exercida actualmente por Esteirana desde Galiza.
  • Responsable de Nacionalidad-Espanola.info. Función exercida actualmente por Gabrielinho desde Galiza.
  • Dinamizador dos galeuros: admin ARROBA galeuros PUNTIÑO com. Función exercida actualmente por AntonioGaliza desde Galiza.

Estes responsables exercen as súas funcións en permanente contacto por riba coa xunta directiva e por baixo co coordinador, co xestor técnico e cos diversos voluntarios que traballan en cada área.

Os seguintes cargos están vacantes. Se che interesa ofrecerte para eles ponte en contacto co noso coordinador

Vid. tamén