Decálogo de seguridade e privacidade en Fillos.org

Decálogo para protexermos a privacidade na Rede Social On-line Fillos.org

(También disponible en castellano.)

PantallasAmigas
Elaborado por PantallasAmigas.

  1. Configura de maneira axeitada a túa privacidade.

    Podes comprobar se o fixeches ben accedendo como usuario/a anónimo/a (desligado/a ou simplemente entrando con outro navegador diferente) á páxina onde está o teu perfil ( http://fillos.org/membros/oteunome ), ou pedíndolle a outra persoa que sexa usuaria (un(ha) familiar ou un(ha) amigo/a de confianza, p.ex.) que entre na súa conta e preguntándolle que é o que pode ver el(a) de nós. Se precisas trocar a configuración, faino en “Modificar perfil”, á esquerda da túa foto na túa páxina de perfil. Por omisión non se ve de maneira pública ningún dato máis có teu nome de membro.

    Cando creas o teu álbume persoal de fotos (en Galería > Outras fotos de Fillos > Os membros de Fillos ), na columna esquerda da galería tes a opción “Permisos” para configurares quén pode ver ou modificar as túas fotos. Configúraa con xeito: a maneira máis práctica é creares os teus grupos de usuarios para lles asignares os permisos conxuntamente. Le atentamente na Galería como funciona o sistema de permisos e comproba sempre que o fixeches como querías. En “Editar foto” tamén podes controlar a ocultación de cada foto. Comproba desde outro navegador se se pode acceder ás túas fotos agachadas ou privadas. Se che resulta complicado xestionar estes permisos mellor non envíes a Fillos.org fotos que non queiras que vexa calquera persoa.

  2. Emprega un contrasinal realmente seguro e múdao de cando en vez.

    Moitos internautas utilizan contrasinais que son demasiado doados de adiviñar, e iso é algo moi perigoso. Exemplos de contrasinais arriscados son: a túa data de nacemento, o teu cantante favorito, o nome da túa mascota, alcumes agarimosos, secuencias previsibles de números ou letras (123456, abc123, p.ex.), palabras típicas ou previsibles (galicia, morriña, p.ex.), e mesmo calquera palabra común que se poida atopar nun dicionario. Escólleo de maneira que sexa difícil de adiviñar mesmo para os teus amigos máis íntimos. Tampouco repitas os que uses noutros servizos, como o correo electrónico, a mensaxaría instantánea ou outra rede social. É bo combinares letras e número e trocalo de cando en vez (pódelo facer en http://fillos.org/membros/oteunome/settings/ ). Podes comprobar se o teu contrasinal é forte (difícil de adiviñar) ou débil (inseguro) en lugares como http://www.passwordmeter.com/

    E non piques co phishing! Nunca poñas o teu contrasinal noutros webs diferentes a Fillos.org nin fagas caso de mensaxes que che poidan chegar por e-mail pedíndocho: poden querer acceder ilicitamente á túa conta para faceren mal. Entra sempre pola página de entrada oficial e comproba o enderezo no navegador.

  3. Dá a mínima información persoal cando participes na Comunidade. Ti podes seguir sendo ti aínda que non saiban moito de ti os demais.

    Para nos relacionarmos témonos que identificar dalgunha maneira, pero iso non significa que debamos escribir os nosos datos de maneira pública no perfil ou noutros lugares. Usar un alcume como nome de usuario/a á hora de te inscribires e non ser recoñecible en ningunha foto pode ser unha boa idea para manteres a túa privacidade. Isto non quita para que debas darnos datos reais ao te inscribires (lembra as normas xerais de Fillos.org), que só serán vistos polos xestores. Alén diso, non escribas datos persoais no chat, nos comentarios dos blogs, nas listas de correo nin no Taboleiro. Se llos queres dar a alguén, pénsao ben e faino en todo caso comunicándote privadamente con esa persoa: p.ex. para pedir axuda na localización de familiares, podes poñerte en contacto privadamente co noso responsable do Atopadoiro. Non te unas aos grupos locais se non queres que saiba a xente en que parte do mundo vives. Pensa tamén se che convén publicar a túa foto real como imaxe de perfil (avatar) ou é mellor algunha outra imaxe para te representar: unha paisaxe, un debuxo, una icona, unha foto onde non se te recoñeza, etc. Lembra que o que publicas na Comunidade podería ser achado nun buscador. Ten tamén en conta que dares demasiada información sobre ti cando actualizas o teu estado no teu perfil, ou contares onde estás cando participas no bate-papo podería servirlle a alguén para te facer mal.

  4. Comunica aos teus contactos, en especial aos novos, como queres manexar a túa privacidade e intimidade

    É posible que as túas amizades teñan outra idea diferente á túa sobre o que poden ou non expoñer en Internet. É mellor deixares claro o teu criterio para que o poidan respectar: dilles qué cousas non admites, como p.ex. que reutilicen fotos que poidan atopar nos teus álbumes privados, que publiquen fotos que che poidesen ter quitado eles ou que expoñan datos sobre ti en páxinas públicas da Comunidade.

    Ás veces contamos cousas da nosa vida ou da vida dos demais sen termos en conta como lles pode afectar. Respecta a privacidade dos demais como queres que eles respecten a túa. Xa que logo, moito ollo co que contas directa ou indirectamente no bate-papo, no taboleiro, na lista FILLOS-L ou no “fío” do perfil doutras persoas. Tampouco saques ao público algo que eles puxeran como privado. Pensa ben qué información das demais persoas expós e asegúrate de que non lles importa, p.ex. preguntándollelo por e-mail.

  5. A imaxe de cada persoa tamén se considera un dato persoal e o dereito a utilizala só lle pertence a ela.

    Os teus datos persoais, como a imaxe, están protexidos pola Lei e só ti podes decidir sobre o seu uso. Polo tanto tampouco podes publicar fotos (na Galería ou noutros lugares da Comunidade Virtual onde se poidan publicar) nas que saian outros, sen teres o seu permiso (mellor telo por escrito, p.ex. nunha mensaxe de e-mail); e eles tampouco as túas, claro. Pon especial coidado en non publicar fotos nin outros datos dos fillos menores de idade dos teus amigos. Tampouco é recomendable que publiques as dos teus propios fillos.

  6. Os amigos dos teus amigos non teñen por qué ser os teus amigos.

    As redes sociais online facilitan o contacto con moitas persoas, pero as túas amizades pode que usen un criterio diferente ao teu á hora de engadiren persoas ao seu grupo de confianza, Teno en conta cando pulses o botón de “Engadir amigo”. En canto engades a unha persoa como amigo/a estaslle dando permiso para publicar no “fío” do teu perfil. Ademais, nas redes sociais online, como noutros lugares de Internet, é doado finxir que es outra persoa. Daquela non creas que todo o mundo é realmente quen di que é.

  7. Se non estás disposto/a a que unha imaxe túa a poida ver calquera, agora ou no futuro, é moito mellor que non saia nunca do teu ordenador.

    Se non queremos por nada do mundo que persoas alleas vexan unha fotografía ou se pensamos que pode ser incómoda nun futuro, non deberiamos poñela en Internet, nin mesmo nun álbume privado.

  8. A túa seguridade depende tamén da seguridade do teu ordenador.

    É moi importante que manteñas o teu ordenador limpo de virus e outro malware porque entroutras maldades nos poden roubar información e con ela, chantaxearnos ou facerse pasar por nós na rede social para nos meteren en apuros. Xa que logo tampouco deberías ligar á túa conta en Fillos.org nin ao teu correo desde ordenadores cuxa seguridade e limpeza non controles totalmente (cíbers, ordenadores dos amigos, ordenadores do traballo, bibliotecas, etc.).

  9. Mide ben as críticas que publiques.

    Publicares a túa opinión ou unha bulra sobre outras persoas pode vulnerar os seus dereitos e incorrer nun ciberdelito. Ten coidado de non caeres na difamación, na inxuria, na calumnia ou noutros delitos relativos ao honor ou á privacidad. A liberdade de expresión remata onde comezan os dereitos dos demais.

  10. Se tes un problema, pide axuda canto antes e reacciona con calma. Ás veces as cousas non son o que semellan.

    En situacións incómodas, o primeiro é calmarse e non reaccionar precipitadamente. Mellor desligas e se é preciso cancelas a amizade a quen te molestara, para limitares no posible a comunicación con el(a). Sempre podes pedir axuda e notificar aos xestores de Fillos.org. É importante que non reacciones de maneira inmediata nin violenta porque ás veces as cousas non son como parecen, danse moitos malentendidos ou pode que sexa precisamente o que queren provocar de nós os trasnos (que haber, hainos, como as meigas!). Polo si ou polo non, antes de faceres nada, garda as probas desa situación que poidas máis adiante precisar: capturas de pantalla, mensaxes, conversas do chat, etc.

    Por outra banda, se consideras que hai un(ha) usuario/a que está incumprindo as normas da Comunidade, ou tes algunha queixa sobre calquera outra situación que se dera nela, podes comunicalo aos xestores. Se publicas unha mensaxe pública de queixa en “A caixa das queixas” do Taboleiro, non esquezas notificalo de paso aos xestores por e-mail ou por mensaxe interna da Comunidade para que vaian ver canto antes.



(Versión en castellano.)

Decálogo para proteger tu privacidad en la Red Social On-line Fillos.org

PantallasAmigas
Elaborado por PantallasAmigas.

  1. Configura de manera adecuada tu privacidad.

    Puedes comprobar si lo has hecho bien accediendo como usuario/a anónimo/a (desconectado/a o simplemente accediendo con otro navegador) a la página donde está tu perfil ( http://fillos.org/membros/tunombre ), o pidiéndole a otra persona (un(a) familiar o un(a) amigo/a de confianza, p.ej.) que entre en su cuenta y preguntándole qué puede ver él/ella de nosotros. Si necesitas cambiar la configuración se hace en “Modificar perfil”, a la izquierda de tu foto. Por omisión no se ve ningún dato más que tu nombre de miembro.

    Cuando creas tu álbum personal de fotos (en Galería > Outras fotos de Fillos > Os membros de Fillos ), en la columna izquierda de la galería tienes la opción “Permisos” para configurar quién puede ver o modificar tus fotos, configúrala con cuidado: la manera más práctica es crear tus grupos de usuarios para asignarles los permisos por grupos. Lee atentamente en la Galería cómo funciona el sistema de permisos y comprueba siempre que lo has hecho como pretendías. En “Editar foto” también puedes controlar la ocultación de cada una de tus fotos. Comprueba desde otro navegador si se puede acceder a tus fotos ocultas o privadas. Si te resulta complicado gestionar estos permisos mejor no subas fotos que no quieras que vea cualquier persona.

  2. Utiliza una contraseña realmente segura y cámbiala de vez en cuando.

    Muchos internautas utilizan contraseñas que son demasiado fáciles de adivinar, y eso es algo muy peligroso. Ejemplos de contraseñas peligrosas son: tu fecha de nacimiento, tu cantante favorito/a, el nombre de tu mascota, apodos cariñosos, secuencias previsibles de números o letras (123456, abc123, p.ej.), palabras típicas o previsibles (galicia, morriña, p.ej.), e incluso cualquier palabra común que se pueda encontrar en un diccionario. Elígela de manera que sea difícil de adivinar incluso para quien te conozca. Tampoco repitas las que uses en otros servicios, como el correo eléctrico, la mensajería instantánea u otra red social. Es bueno combinar letras y números y cambiarla de vez en cuando (lo puedes hacer en http://fillos.org/membros/tunombre/settings/ ). Puedes comprobar la fortaleza o debilidad de tu contraseña en lugares como http://www.passwordmeter.com/

    Y ¡no piques con el phishing! Nunca pongas tu contraseña en otros webs diferentes a Fillos.org ni hagas caso de mensajes que te lleguen por email pidiéndotela: pueden querer apoderarse de tu cuenta para hacer mal. Entra siempre por la página de entrada oficial y comprueba la dirección en el navegador.

  3. Aporta la mínima información personal en tu participación en la comunidad. Tú puedes seguir siendo tú sin que sepan mucho de ti.

    Para relacionarnos nos tenemos que identificar de alguna manera, pero eso no significa que debamos escribir nuestros datos de manera pública en el perfil. Usar un apodo a la hora de inscribirte y no ser reconocible en ninguna foto puede ser una buena idea para mantener tu privacidad. Esto no quita para que tengas que cumplir las normas generales de Fillos.org en cuanto a dar datos reales en el formulario de inscripción (que sólo verán los administradores). No escribas datos personales en el chat, en los comentarios de los blogs, en las listas de correo ni en el foro. Si se los quieres dar a alguien, piénsatelo bien, y hazlo comunicándote privadamente con esa persona: p.ej. para pedir ayuda en la localización de familiares, poniéndote en contacto con nuestro responsable del Atopadoiro. No te unas a los grupos locales si no quieres que sepan en qué parte del mundo vives. Piensa también si te conviene publicar tu foto real en tu perfil (avatar) o es mejor algunha otra imagen para representarte (un paisaje, un dibujo, un icono, una foto donde no se te pueda reconocer, etc.). Recuerda que lo que publicas en la comunidad podría ser encontrado en un buscador. Ten también en cuenta que dar demasiado información sobre ti cuando actualizas tu estado en tu perfil o contar dónde estás en el chat podría aportar demasiada información que alguien podría utilizar de mala manera.

  4. Comunica a tus contactos, en especial a los nuevos, cómo quieres manejar tu privacidad e intimidad.

    Es posible que nuestras amistades tengan otra idea diferente a la nuestra sobre lo que pueden o no exponer en Internet. Es mejor dejar claro nuestro criterio para que lo puedan respetar: diles qué cosas no admites, como p.ej. que reutilicen fotos que puedan ver en tus álbumes privados, que publiquen fotos que te hayan sacado o que expongan datos acerca de ti en páginas públicas de la comunidad.

    En ocasiones contamos cosas de nuestra vida o de la vida de los demás sin tener en cuenta cómo les puede afectar que eso se sepa. Respeta la privacidad de los demás como quieres que ellos respeten la tuya. Por tanto ojo lo que cuentas directa o indirectamente en el chat, el foro, la lista o en el “fío” del perfil de esas personas. Tampoco saques, por ejemplo, al público algo que ellos han puesto como privado. Pregúntate qué información de las demás personas expones y asegúrate de que no les importa (p.ej. enviándoles un email).

  5. La imagen de cada persona también se considera un dato personal y el derecho a utilizarla sólo le pertenece a ella.

    Tus datos personales, como la imagen, están protegidos por la Ley y sólo tú puedes decidir sobre su utilización. Por tanto tampoco puedes publicar fotos (en la galería o en otros lugares de la comunidad virtual donde se puedan publicar) en las que salgan otros, sin tener su permiso (mejor tenerlo por escrito, p.ej. en un e-mail); y ellos tampoco las tuyas, claro. Pon especial cuidado para no publicar fotos ni otros datos de los hijos menores de edad de tus amigos. Tampoco es recomendable que publiques las de tus hijos.

  6. Los amigos de tus amigos no tienen por qué ser tus amigos.

    Las redes sociales facilitan el contacto con muchas personas, pero nuestras amistades puede que usen un criterio diferente al nuestro a la hora de agregar personas a su grupo de confianza. Tenlo en cuenta cuando pulses el botón de “Engadir amigo”. En cuanto añades a una persona como amigo/a le estás dando permiso para publicar en el “fío” de tu perfil. Además, en las redes sociales online, como en muchos otros lugares de Internet, es fácil fingir que se es otra persona. Por tanto, no creas que todo el mundo es realmente quien dice ser.

  7. Si no estás dispuesto a que una imagen la pueda ver cualquiera, ahora o en el futuro, es mucho mejor que no salga nunca de tu ordenador.

    Si por nada del mundo queremos que personas ajenas vean una fotografía o si pensamos que puede ser incómoda en el futuro, no deberíamos ponerla en Internet. Ni siquiera en un álbum privado.

  8. Tu seguridad depende también de la seguridad de tu ordenador.

    Es muy importante que mantengamos el ordenador limpio de virus y otro malware porque entre otras maldades nos pueden robar información y con ella, chantajearnos o hacerse pasar por nosotros en la red social para meternos en apuros. En consecuencia tampoco deberías conectarte a tu perfil ni a tu correo desde ordenadores cuya seguridad y limpieza no controles totalmente (cíbers, ordenadores de los amigos, ordenadores del trabajo, etc.).

  9. Mide bien las críticas que publiques.

    Publicar tu opinión o una burla sobre otras personas puede vulnerar sus derechos e incurrir en un ciberdelito. Ten cuidado de no caer en la difamación, en la injuria, en la calumnia y otros delitos relativos al honor o la privacidad. La libertad de expresión termina donde comienzan los derechos de los demás.

  10. Si tienes un problema, pide ayuda cuanto antes y reacciona con calma. A veces las cosas no son lo que parecen.

    En situaciones incómodas, lo primero es calmarse y no reaccionar precipitadamente. Mejor abandonas la sesión, y si es necesario cancelas la amistad a quien te haya molestado. Siempre puedes pedir ayuda y notificar a los administradores. Es importante que no reaccionemos de manera inmediata ni violenta porque a veces las cosas no son como parecen o puede que sea precisamente lo que quieren provocar de nosotros los trasnos. Por si acaso, antes de hacer nada, guarda las pruebas de esa situación que puedas más tarde necesitar: capturas de pantalla, mensajes, chats, etc.

    Por otro lado si consideras que hay un(a) usuario/a que está incumpliendo las normas de la comunidad, o tienes alguna queja sobre cualquier otro acontecimiento que haya tenido lugar en ella, puedes comunicarlo a los administradores. Si publicas un mensaje público de queja en “A caixa das queixas” del Taboleiro no olvides notificarlo a los administradores por email o mensaje interno de la comunidad para que lo vean cuanto antes.