Dixeron de nós

Estas son as opinións expresadas sobre Fillos de Galicia por diversos persoeiros representantes da cultura e a vida social e a Internet galega:

Xosé Neira Vilas
(Escritor e promotor cultural)
Está ben ese Centro Galego Virtual e o de Nación Mundial Galega. O proxecto de Fillos de Galicia paréceme interesante: o voso traballo, a vosa obra, a vosa acción cara os galegos de fóra. É un acerto o da vosa bandeira e os traballos que publicades. Adiante.
Manuel Rivas
(Escritor e xornalista)
– Pregunta dunha socia da Asociación Cultural Fillos de Galicia nunha entrevista online: ¿Por qué no te pasas por Fillos.org últimamente?

– Manuel Rivas: Pasaremos. Me gusta ese paisaje humano. Saúde e Terra!

Tucho Calvo
(Escritor, xornalista e promotor do BiblosClube)
Logo non hai día que non atope razóns para sentir a fachenda de ser galego tendo en conta a cantidade de xente que en todos os campos e en todos os currunchos do mundo lle bota imaxinación e esforzo para acadar metas insospeitadas. É certo que tamén metemos tanto a pata como os que máis. Pero quizais o máis sorprendente é que algúns denodados intentos de facer cousas
importantes tardan en saír adiante cando moitos os vemos como unha gran
oportunidade. É o caso de Fillos de Galicia, unha gran idea para os novos
tempos, un orixinal punto de encontro que debería ser paso obrigado para

todos os galegos que estamos dentro e fóra do país. Cónstanme os esforzos dos seus promotores e animo a todos quen xa coñecen Fillos a que o dean a coñecer, porque o gran enemigo das grandes ideas é que non se espallen e non cheguen a todo o mundo.

X.L. Méndez Ferrín
(Escritor)
Deséxolle á Asociación Fillos de Galicia longa vida e moitos éxitos no seu labor de fomentación do coñecemento das raíces dos galegos da diáspora e dos seus descendentes
Xosé-Manoel Núñez Seixas
(Profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela)
A páxina Fillos.org é unha boa mostra de que a Historia non pasou en ván. Pois dende ela reavivécese, actualízase e tórnase útil ese concepto de “Galicia exterior” que moitas veces é tan traído, levado e baleirado de contido. Que haxa cada vez máis galegos de orixe interesados en conservaren as súas raiceiras e en identificárense como fillos dunha mesma terra, que é, como dicía Cabanillas, “Galicia: nai e señora”, é unha mostra máis de que Galicia ten futuro. Non só a Galicia europea, senón toda a nación galega, esparexida por todo o mundo. Pois aquela póla de alén mar, que dicía Celso Emilio, é máis ca unha metáfora. Adiante e noraboa!
Suso de Toro
(Escritor)
A cada día máis os países vam ser elásticos, a idea da naçom como algo físico, un territorio hermético, case umha cousa sólida, já desapareceu ha tempo. Ou mais bem nunca existiu mais que na imaginaçom dos ideológos decimonónicos das naçoms. Essa é umha idea moi bela e inocente, tamén umha miga sinistra. As naçoms verdadeiras nom as fai umha bandeira obrigatoria, ou um ejército que lhe rende honores, as naçoms verdadeiras naçem da imaginaçom, da ilusiom, e sobre todo expánden-se e medran polo afecto. Forman-nas os filhos voluntarios, a Galiza que queremos é feita de afectos, de vontade de sermos galegos e galegas. E máis nada. O que reclame para si dereitos especiais, ser de “pata negra”, os que se gaban das palabras que falam (”eu mameinas, eu mameinas”), som imbéciles reaccionarios. A única naçom estimábeis son as das persoas libres, as nacidas de filhos libres, filhos naçidos aquí ou aló. A naçom dos Filhos da Galiza.
Xosé Manuel Pereiro
(Xornalista, escritor, director da revista Bravú, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia)
Non é que o visite moito, demasiada realidade crúa, pero Fillos de Galicia é un deses proxectos salientables que fan falta e que, consecuentemente, ergueu unha persoa soa, porque si.
Isaac Alonso Estraviz

(Filólogo e lexicógrafo)

“Fillos de Galicia” É UM VÍNCULO IMPRESCINDÍVEL PARA UNIR OS GALEGOS DE TODO O MUNDO
Débora Campos
(xornalista e profesora na Universidade de Bos Aires, editora do blog Fíos Invisibles)
Simplesmente direi que Fillos foi e é o meu cordón umbilical coa terra da que veño. Son a primeira arxentina dunha familia galega cen por cento e con 30 anos neste portal escribín as miñas primeiras palabriñas en galego. Neste lugar atopei amigos e coñecidos que -coma min e por primeira vez na vida- tiñan esas casas onde se fala galego, se come galego, se canta galego sen estar en Galiza. Na Rolda de Fillos aprendín de história e de política galegas, de comidas e de tópicos, pero tamén da nova Galiza. E un verán, cheguei das vacacións e atopei na porta da miña casa un sobre co meu nome e un libro en galego. Non son capaz de por en palabras a emoción que aquel agasallo me fixo sentir e que volvo a ter no peito cando o lembro agora. Gardoo coma un dos meus tesoros mais sentidos e fermosos. Xa quedou dito: Fillos é o meu cordón umbilical e só quen sentiu un fillo no corpo entende todo o que digo cando digo iso.
Pedro Silva
(Creador de Blogaliza)
Sodes o Centro Galego do tempo da Rede. Moito mais que unha tasca onde ir a botar uns vinhos e unhas parrafadas na nosa lingua. Un verdadeiro fogar lonxe do fogar, para todolos que, dentro ou fora da Galiza Territorial, andamos polo mundo coa ollada nosa. Unha illa na rede, un porto franco, unha outra metafora do mundo, e moito mais, porque o que habedes chegar a ser ainda esta no tinteiro.
Rómulo Sanjurjo
(Músico, compoñente de Os Diplomáticos de Monte-Alto)
FILLOS DE GALICIA é a demostra de que a Galiza non remata en Pedrafita. Arxentina, Cuba, Brasil, Chile, EEUU, Venezuela, Francia, Suiza, Alemaña,….
Ramom Nogueira

(Fundador de Dinaweb Networks e promotor de proxectos de Internet)

Fillos de Galicia e un referente punteiro do uso de internet para a vertebracion do pais. Unha ferramenta basica para todo-los galegos do exterior. O mantemento da cultura e identidade galega onde queira que haxa un galego conectado a internet.
Nilo Casares
(crítico de arte e comissário independente de exposições)
filhos de galiza e o sítio onde podermos estar a dar uma volta pelo país que não existe, case que por ningures: filhos de galiza é um no-site cheio de nós.
Kike Benlloch Castiñeira
(Autor de banda deseñada e editor de CulturaGalega.org)
Desde mediados dos 90, quando Internet ainda lhe soava a chinês à maioria da populaçom (e outros estávamos co A-B-C), Manuel Casal, “Casdeiro” para os amigos, desde Barakaldo, nesse coraçom externo de Galiza, leva fazendo um trabalho ingente de voluntariado paixoal em favor da cultura galega. El foi a primeira persoa que me falou do sistema de foros, do mp3, de tantas cousas. Os projectos compartidos, como Synapsis, e outros mais da sua conta como Fillos de Galicia, vêm demostrar um compromisso co país e coa herdança que som um exemplo a seguir por tod@s nós, os que estamos aqui, e os que por circunstâncias da vida, andam por “aí fora”.
Alexandre Prieto “Miñoca”
(Xestor da Ciberirmandade da Fala)
Coñezo Fillos case dende o seu nacemento, e recoñezo neste proxecto un punto referente para os galegos e galegas que viven na diaspora. Recoñezo tamén a sua importancia á hora de que a nosa lingua, cultura e tradición non caia no esquecemento dos fillos e netos dos que tiveron, a maior das veces, necesidade de emigrar ou exiliarse da nosa nación.

O noso maior agradecemento a todos eles :-)

Se queres ti tamén enviarnos a túa opinión para esta sección podes deixarnos o teu comentario ao pé.

0 respostas a Dixeron de nós

  1. Pingback: Fillos de galicia — Blog — O que opinan de nós en Galicia