Solicita o teu exemplar de “Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos”

Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicosO ano pasado, coa axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia realizamos e publicamos un pequeno pero valioso libro que recolle a maior colección de nomes galegos e muller e de home que coñezamos. Outros aspectos destacados da obra son o especial fincapé na recuperación de nomes galaicos (célticos) e as novas propostas de renovación antroponímica que inclúe.

Este libro foi creado pensando nas galegas e galegos da Diáspora, quen o recibirán de balde se acadamos a financiación precisa este ano 2013 para custearmos os envíos. Polo de agora podedes enviar a vosa solicitude para o recibirdes, e así saberemos aproximadamente cántos exemplares teremos que enviar a cada punto da nosa Diáspora.

Para apuntarte só tes que deixar un comentario ao pé desta noticia, indicando o teu nome de usuario en Fillos de Galicia. Non fai falta que deixes datos concretos do teu enderezo: abonda con que nos digas en qué país ou comunidade autónoma española resides. Tamén podes, alternativamente, enviar unha mensaxe a aprendendogalego ARROBA fillos.org

Limiar da obra

O libriño que tes entre as mans é froito do continuado interese na nosa asociación pola difusión da antroponimia galega entre todos os galegos, especialmente entre aqueles descentes de galegos interesados na cultura dos seus antergos. Pode sorprender a escasa presenza de nomes galegos entre os fillos e netos da nosa diáspora, pero se ollamos cara o propio país, veremos que tamén son minoritarios os galicianos e galicianas que levan un nome recoñeciblemente galego. Un motivo disto, entre outros, coidamos que é o descoñecemento da riqueza do noso patrimonio onomástico. Por iso quixemos publicar esta escolma —necesariamente incompleta— para achegar algo na necesaria recuperación dos nomes galegos. Pero alén dos Brais, Uxía e outros certamente de moda na actualidade, quixemos ampliar as opcións ollando cara atrás e achegando nomes pouco coñecidos, pescudando mesmo no inmenso patrimonio que nos achega a toponimia e que nos desvela o magnífico filón da antroponimia céltica galaica grazas a traballos coma os de Joaquín Caridad Arias. O noso pobo pode —do mesmo xeito que fixeron outros coma os vascos— recuperar con éxito fermosos nomes documentados no seu pasado ou tirar da súa amplísima toponimia para renovar o repertorio de nomes cos que chamarmos aos nosos fillos, tamén na Diáspora. Un descendente de galegos na Arxentina, orgulloso das súas raíces, por que non podería poñerlle a unha filla un nome galego en troques doutro de orixe anglosaxona, hebrea ou aínda máis exótica e sen ningunha relación cos seus antergos? …E o mesmo valería dicir dos galegos da Galiza!

Polo formato reducido desta obra, pensado para poder ser enviada de maneira económica a calquera lugar do mundo onde haxa un galego ou unha galega, tivemos necesariamente que deixar fóra moitos datos de cada nome. Aconsellamos ás persoas interesadas nalgún nome en concreto que acudan ás fontes que citamos na bibliografía para completar detalles sobre cada un deles. Recomendamos especialmente o magnífico Dicionario dos nomes galegos, da editorial Ir Indo, cheo de referencias a persoaxes históricas, santos, detalles etimolóxicos, diminutivos de cada nome e mesmo refráns e cantigas relacionados. A pretensión deste libriño noso non é aprofundar en cada forma onomástica, senón ofrecer un panorama o máis amplo posible. Se cadra en posteriores edicións poderemos engadir novas referencias documentadas na Idade Media e novas formas galaicas agachadas nos nosos nomes de lugar, que sabemos existen e están agardando a que as recuperemos. Animamos en calquera caso aos pais e nais a non limitarse aos nomes que aquí recollemos e a innovaren acudindo directamente aos nomes de lugares, montes ou ríos, que moitas veces son produto dun antigo nome de persoa ou dun deus, e que en calquera caso son válidas referencias per se pois da antroponimia á toponimia hai unha permanente viaxe de ida e volta ao longo da historia. Agradeceremos que nestes casos se nos envíen estes novos nomes galegos para os incluírmos en posteriores edicións e así dármosllelos a coñecer a máis familias galegas en todo o mundo.


Actualización 08/08/2013

Para axudar a custear os envíos dos libros puxemos en marcha unha campaña de captación de fondos (crowdfunding) na plataforma Verkami. Se podes achegar desde tan só 5 euros para facer posible o envío dun libro, visita a páxina da campaña e apúntate como mecenas.

Por certo, aínda que vexades que na campaña puxemos como obxectivo só 50 exemplares, imos tentar enviar moitos máis así que non deixes de anotarte ao pé desta páxina, mediante un comentario, para recibir un exemplar, sempre e cando residas fóra de Galiza. Para contribuír economicamente aos envíos, tamén o poderán facer os galegos de Galiza.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado , , , , , , , , | 272 Comentarios

Problemas co correo electrónico

Durante a pasada semana os correos procedentes de contas dos nosos dominios sufriron algúns problemas e é posible que os que enviárades mensaxes desde @degalicia.org ou @fillos.org recibírades algúns deles rebotados dos destinatarios con avisos diversos. Os problemas tal e como nos indican desde Saramaganta deberían xa estar solucionados, así que se foi o teu caso pregámosche que reenvíes as mensaxes que non chegaron ao destino debido a estes problemas temporais e pregamos desculpas polas molestias.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

XVII Xunta Directiva

Dende o 25/02/20132 ao 23/03/2013 celebrouse a XIII Asemblea Xeral anual da Asociación Cultural Fillos de Galicia e nela os socios votaron a seguinte Xunta Directiva:

  • Roberto Vicente Miguéns, presidente (presidencia ARROBA fillos PUNTO org)
  • Fernando Somoza Varela, secretario (secretaria ARROBA fillos PUNTO org)
  • Manuel Casal Lodeiro, delegado por Ames (ames ARROBA fillos PUNTO org)
  • Fernando Afonso Pazos, delegado por Biscaia (fernafonso ARROBA euskanet PUNTO net)
  • Óscar Gabriel Ledesma Piñeiro, delegado por Santiago de Compostela (gabriel ARROBA degalicia PUNTO org)

Dende o 14 de Marzo de 2013 son os encargados de dirixir a Asociación Cultural Fillos de Galicia

Publicado en Fillos de Galicia | 1 comentario

As incidencias de Fillos de Galicia en RedCoruna que nos levaron a deixar o seu hosting

Como xa fixéramos anos atrás cos nosos problemas con/en Dinahosting, imos facer aquí unha relación das incidencias que de súpeto nos obrigaron a deixar RedCoruna cun importante gasto para a nosa asociación, estimado en 540 euros, ao ter que realizar unha migración de emerxencia.

Ate do de agora e desque decidíramos contratar o aloxamento con esta empresa luguesa —malia o seu nome— non tiveramos grandes problemas con eles e sempre eramos atendidos (mal que ben) e os problemas solventados. Debemos lembrar que os webs de Fillos de Galicia que aloxamos con eles eran os menos importantes e menos visitados, xa que tanto a comunidade virtual, como os blogs foran todos migrados a Blogaliza dentro do que chamáramos Fillos 5.0. Polo tanto quedaban fóra, necesitados dun hosting modestiño, o Atopadoiro, as contas de correo e outras seccións secundarias, aparte de webs como a Parcelaria, o Etiquetal ou o web dos Galeuros, o cal incluía a nosa tenda online, aínda que esta coa migración quedou desactivada. Todo isto foi contratado á empresa RedCoruna baixo un servizo de multihosting nun servidor compartido a un custo aproximado de 10 euros/mes.

Como xa comentamos, as incidencias que se foran producindo non foran moi graves, aínda que houbo algunhas que si poderiamos considerar graves como unha inexplicada sucesión de baixas masivas automáticas na nosa rolda principal, FILLOS-L.

Porén, continuabamos con eles razoablemente satisfeitos co seu servizo. Pero a comezos deste mes de febreiro recibimos inesperadamente a seguinte mensaxe dos seus técnicos:

Estimado cliente,

contactamos con usted para informarle de que nuestro equipo de
sistemas ha detectado un exceso grave en el consumo de tiempo de CPU
que está efectuando su cuenta de alojamiento asociada al dominio
fillos.org

Si desea mantener sus proyectos en este servicio debe corregir este
exceso, ya que de lo contrario sus proyectos deberán ser trasladados a
un servicio de Hosting VPS en el que no comparta recursos con otros
usuarios.

Nuestro equipo tomará nuevamente la referencia de consumo de su cuenta
dentro de 6 días para comprobar si se ha corregido esta situación.

Este exceso de consumo puede deberse a diferentes causas. Es posible
que sea necesario revisar la eficacia de la programación de sus
proyectos o que su propio desarrollo y crecimiento hagan que sea
necesario un servicio de características superiores.

En el desarrollo de todo proyecto web es importante prestar atención a
tareas de optimización que permitan mantener un buen rendimiento. Las
tareas de optimización deben ser un trabajo continuo en todos los
proyectos alojados en su cuenta, y las medidas que pueda tomar deben
estar correctamente ejecutadas para que sean efectivas.

Si ya ha aplicado de forma correcta todas las optimizaciones posibles
debe plantearse que sus proyectos están demandando una solución de
alojamiento con unas características superiores.

Permanecemos a la espera de su respuesta y a su disposición para
cualquier consulta que pueda surgirle.

Nós non tiñamos idea de qué podía estar causando ese sobreuso pois non realizáramos cambios ningúns nas páxinas aloxadas nin tiñamos por que esperar un medre súpeto e enorme de visitas. Como sabemos que nestes casos, accedendo á información do servidor, os responsables do hosting poden saber que parte en concreto do web está causando ese exceso de consumo, solicitamos información para proceder a analizar que pasaba ou tentar dilucidar se se debía a algún malware que se nos inflitrara nalgún dos webs de Fillos e que estaba abusando do sistema.

Para a nosa sorpresa a resposta de RedCoruna foi que eles non podían saber qué aplicación ou páxinas causaban o problema e que debía ser labor dos nosos técnicos averigualos. Moi sorprendente porque os nosos técnicos non teñen acceso a coñecer que tarefas concretas consumen tempo no seu servidor e sen esa información sería máis difícil dar con elas desde a nosa banda que atopar unha agulla nun palleiro!

Aos poucos días recibimos unha nova mensaxe con algo que só podemos calificar de ultimátum:

Estimada Cliente,

nuestro equipo de sistemas se ha visto obligado a aislar su cuenta de la plataforma de hosting compartido migrándola a un servicio de Hosting VPS.

Se trata de una medida de urgencia que hemos debido tomar para garantizar la calidad de servicio a los demás usuarios de la plataforma, ya que el comportamiento de su cuenta estaba comprometiendo su estabilidad, y la calidad de servicio a sus propias webs.

Lamentablemente hemos intentado profundizar un poco más en el problema pero los datos que nosotros tenemos, son a nivel general y no podemos concretar que parte del hosting o que dominio es el que está produciendo esta situación. Es una tarea que debe desarrollar el programador web.

En este momento su cuenta se encuentra alojada en un plan de Hosting VPS III; iniciaremos un periodo de recuperación de 6 días a partir de hoy en el que mantendremos este plan VPS activo sin coste para usted. Puede ver este servicio activo en su área de cliente y revisar las gráficas de consumo disponibles.

Debido al exceso de consumo de tiempo de CPU, no es posible devolver su cuenta a una plataforma de hosting compartido sin que comprometamos el nivel de servicio, por lo que si no desea mantener el servicio de Hosting VPS deberá realizar una copia de seguridad del contenido antes de que procedamos a su cancelación pasado el plazo indicado.

En este caso, su plan de hosting compartido será reiniciado (sin contenido) y podrá disfrutar de él hasta su fecha de vencimiento.

En cuanto a los problemas de correo electrónico a los que hace referencia, nosotros no vemos ningún problema a nivel de servidor, si unicamente tiene problemas para enviar correo, ¿podría indicarnos que pasos está siguiendo para enviar correo?

¿Podría probar a enviar un correo desde el propio webmail para descartar un problema del servidor?

Una vez hecho eso, si puede enviar correctamente desde webmail, sería interesante que nos facilitase unas capturas de pantalla de la configuración de correo que tiene en el programa de correo.

Quedamos a la espera de su respuesta y a su disposición para cualquier consulta que pueda surgirle.

Este traslado que mencionan foi realizado sen a nosa autorización e produciu fallos no servizo de correo electrónico que durante o traslado de contas deu diversos problemas e deixou de estar accesible. Loxicamente non estabamos dispostos a asumir un custo a maiores sobre todo cando non nos xustificaban as causas nin nos axudaban a abordalas. E tampouco podiamos aceptar volver a un hosting con todos os contidos borrados. A dirección de Fillos de Galicia, tras consultar as posibles alternativas, tomou a decisión de non aceptar as condicións abusivas (polo prazo e por negarnos a información que nos permitiría corrixir o suposto sobreconsumo no hosting compartido) de RedCoruna e proceder a un traslado de emerxencia a Saramaganta, o colectivo ourensán adicado a ofrecer solucións de Internet a colectivos sociais, quen moi amablemente nos ofreceu asilo técnico no seu servidor. Dado que non contamos con técnicos voluntarios tivemos que acudir a contratar a Martín Vázquez —informático que colabora habitualmente coa nosa asociación— o proceso da migración, a cal realizou impecablemente e no tempo previsto, malia a escasa colaboración de RedCoruna.

Lamentamos moito ter recibido este trato dunha empresa coa que sempre cumprimos puntualmente os nosos pagamentos e da que finalmente non recibimos o tratamento que se espera dun servizo de hosting, especialmente pola opacidade á hora de xustificar o problema que segundo eles estaba nas nosas páxinas. A día de hoxe seguimos sen saber se era certo ese sobreconsumo e en caso de selo, qué era o que o provocaba. Só sabemos que termos confiado en RedCoruna acabou costándonos os poucos cartos que temos. E xa é a segunda vez que nos sentimos expulsados e maltratados por unha empresa de hosting… a segunda vez que recibimos un importante golpe económico ao nos vermos forzados a trasladar imprevistamente os nosos contidos.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados en As incidencias de Fillos de Galicia en RedCoruna que nos levaron a deixar o seu hosting

Restaurado o acceso ao correo electrónico en Fillos de Galicia

Unha vez completada a migración ao novo fornecedor de hosting, grazas á magnífica colaboración de Saramaganta e de Martín Vázquez, quedou restaurado o acceso ao noso correo eléctronico —incluído o funcionamento da rolda FILLOS-L— coas seguintes mudanzas que pasamos a enumerar. Se algún usuario ou usuaria aínda ten algún problema, por favor que nos deixe un comentario ao pé deste post ou que se poña en contacto con ames ARROBA fillos PUNTO org.

  • Os contrasinais de todas as contas de correo en Fillos.org, DeGalicia.org e outros dominios da nosa asociación foron mudados. Serán remitidos a cada usuario por medio dos enderezos alternativos que teñamos deles e no caso de non ter email alternativo, deberán ser eles os que se poñan en contacto connosco para solicitarnos o novo contrasinal.
  • O acceso por webmail, aínda que será tamén posible por medio dalgúns dos enderezos anteriores como http://degalicia.org, será agora centralizado en http://webmail.saramaganta.info.
  • A configuración dos programas clientes de correo (Thunderbird, Seamonkey, Outlook…) para descargar e enviar correo desde o ordenador dos usuarios, foi lixeiramente modificado:
    • Servidor entrante (POP): segue sendo igual ca antes. P.ex. mail.degalicia.org. O porto é o 110 e o tipo de conexión segura STARTTLS con envío normal (sen encriptar) de contrasinal.
    • Servidor saínte (SMTP): igual ca antes mail.degalicia.org. O porto, o 25, e o tipo de conexión segura STARTTLS con envío normal (sen encriptar) de contrasinal. [ACTUALIZACIÓN 25/02/2013: Se tedes problemas co porto 25 e non dades enviado o correo, probade co porto 587.]
  • Malia que tentamos avisar con tempo, pode que algúns usuarios perderan mensaxes. Lamentamos moito se foi este o caso e aconsellámoste que se esperabas recibir algunha mensaxe que no está no novo servidor, contactes cos posibles remitentes e lles pidas que cha reenvíen. Tede en conta que durante o tempo que duraron os problemas co correo, a todo o mundo que vos tentara enviar algo chegaríalle mensaxe rebotada dicindo que ese email non existía. Isto mesmo puido ocasionar que vos borrasen automaticamente dalgunha lista de correo, así que comprobade que seguides a recibir todas nas que estivésedes subscritos.
  • As contas de correo ubicadas ata o de agora en @DeGalicia.org pero que non pertencían a socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, desapareceron e non foron restauradas no novo servidor: a partir de agora unicamente os socios terán correos dese dominio.
  • A rolda FILLOS-L mudou de enderezo: agora hai que enviar as mensaxes para rolda@roldas.fillos.org.
  • O resto das roldas sufriron unha mudanza análoga no enderezo, engadindo o de @roldas... despois da arroba e antes do nome de dominio correspondente.

En canto aos contidos dos webs que anteriormente aloxabamos en RedCoruna, foron trasladados todos a Saramaganta, pero aproveitamos o proceso para facer limpeza de seccións que non funcionaban. Isto puido ocasionar algún erro inesperado: se detectas algún contido ou sección que xa non está dispoñible e ao que queres ou precisas acceder, fai o favor de poñerte en contacto connosco para nolo comunciares, dando os datos concretos da páxina á que querías entrar.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Problemas co correo electrónico nos nosos servidores

Por problemas derivados da migración que estamosa a efectuar e como xa avisabamos que podía suceder, os correos electrónicos remitidos a calquera das contas ubicadas nos dominios fillos.org, degalicia.org e outros dos que tiñamos aloxados no noso fornecedor de hosting están a chegarlles devoltas aos seus remitentes. Lamentamos este problema, alleo por completo á nosa responsabilidade e xa temos solicitado a RedCoruna o seu arranxo. Pregamos desculpas a todos os que se estean a ver afectados por este problema e daremos novo aviso cando estea amañado.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado , , , | 1 comentario

Novo aprazamento da XIII asemblea xeral

Ante o cambio de fornecedor de servizos de hosting (Redcoruna) e dado que aínda andamos metidos no cambio das contas de correo electrónico cara o novo fornecedor (Saramaganta) temos que aprazar de novo a asemblea ata o luns 25 de febreiro ; coido que para ese día teremos todo listo para comezala sen problemas. Tamén queda aplazada a data para facer efectivo o abono da cota ata ás 24:00 horas do día 24.

Publicado en Fillos de Galicia | Comentarios desactivados en Novo aprazamento da XIII asemblea xeral

Aviso para os usuarios de correo en DeGalicia.org

Aviso urxente para todos os usuarios de contas de email nos nosos servidores, nomeadamente DeGalicia.org:

Por causas técnicas é probable que antes de pasados 5 días fiquen inaccesibles as mensaxes de correo que teñas sen recoller no servidor de correo.

Polo tanto avisámoste para que descargues TODO O CORREO que teñas no servidor. Se ata o de agora só accedías mediante webmail, deberás configurar un programa de correo electrónico no teu ordenador cos seguintes datos:

Servidor de correo entrante (POP) = mail.degalicia.org
Servidor de correo saínte (SMTP) = mail.degalicia.org
nome de usuario = (o teu email en DeGalicia.org)
contrasinal = (a mesma que usas para o webmail)

Unha vez teñas isto configurado, poderás recibir todo o email. É probable que se tes moito acumulado no servidor, che tarde bastantes minutos.

Se xa usabas un programa de correo (como Thunderbird ou Outlook) tan só terás que estar atenta/o para descargalo con frecuencia nos vindeiros días e así non perder ningún correo.

Lamentamos estes inconvientes. Problemas técnicos co noso fornecedor de aloxamento fannos temer pola perda de emails nos vindeiros días. Daremos máis información ao respecto no noso blog nos vindeiros días.

Para calquera consulta ou dúbida podes poñerte en contacto connosco polos medios habituais.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado , , , , | 2 Comentarios

Aprazamento da XIII Asemblea Xeral

Co gallo de asuntos xurdidos a última hora e para ter a Xunta Directiva máis tempo para preparala mellor, a asemblea queda aprazada ata o luns 18 de febreiro. Polo tanto tamén queda prorrogado o límite de pagamento da cota ata o día 17 do corrente mes.

Publicado en Fillos de Galicia | Comentarios desactivados en Aprazamento da XIII Asemblea Xeral

Convocatoria da XIII Asemblea Xeral da Asociación Cultural Fillos de Galicia

Con data de 07/06/2013 convócase a XIII asemblea ordinaria de socios, que se celebrará  por medio  da lista privada de correo de socios.

Comezará o día 4 de Febreiro de 2013 e terá como orde do día  os seguintes puntos:

1.- Presentación do estado de contas e informe da xestión da actual Xunta Directiva.
2.- Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión.
3.- Presentación de candidatos a cargos directivos.
4.- Debate sobre a situación xeral da asociación hoxe.
5.- Debate sobre o funcionamento de Fillos 5.0: Pros e contras
6.- Presentación dunha estimación de ingresos e gastos a cargo da Directiva .
7.- Outras cuestións presentadas polos socios.
8.- Votación para a elección da nova Directiva.

Con vistas a esta asemblea a nosa Xunta Directiva quere facer un duplo chamamento:

  1. Aos socios actuais para que colaboren para poñer ao día o pagamento das súas cotas e así poder participar.
  2. A todos aqueles membros de Fillos, simpatizantes e colaboradores interesados no funcionamento da nosa asociación, para que se unan a ela como socios antes do día 3 de febreiro para así poder participar con plenos dereitos nas decisións e poder presentarse a cargos directivos, facer propostas e —en definitiva— formar parte  de Fillos de Galicia.

As persoas interesadas facerse socios deben poñerse en contacto con presidencia ARROBA fillos PUNTO org  o antes posible, para indicarlles como faceren o pagamento da súa cota para participaren como socios nesta XIII Asemblea Xeral.

Publicado en Fillos de Galicia | Etiquetado | Comentarios desactivados en Convocatoria da XIII Asemblea Xeral da Asociación Cultural Fillos de Galicia