Precisamos a túa colaboración

Colabora con Fillos: faite cibervoluntario/a da Galeguidade mundial!Fillos de Galicia sería imposible sen o compromiso da xente que ofrece o seu tempo para axudar ao resto da Comunidade.

Tes tempo? Daquela podes axudar, sempre hai algo que facer neste inmenso proxecto virtual a prol da galeguidade no mundo! E podes colaborar desde a túa casa no horario que che sexa máis cómodo. Fillos recompensa as achegas dos seus voluntarios con galeuros, unha moeda que podes empregar para diversas cousas en cada vez máis lugares, dentro e fóra da Rede.

Embaixo tes unha listaxe dalgúns labores para os que precisamos axuda, pero seguro que ti tes algunha outra idea sobre como nos axudares co teu tempo, capacidades e ilusión. Podes atopar máis no Taboleiro sobre a etapa actual do noso voluntariado, que comezou coa campaña Que che gustaría facer en Fillos? no 2008, e podes tamén poñerte en contacto coa nosa responsable de área en voluntariado ARROBA fillos.org.

  • Dinamización e xestión dalgún dos nosos webs secundarios (PlanetaGalego.info, Galeguidade.net, Etiquetal.com, Nomes-Galegos.info, Parcelaria.com …).
  • Documentación, procura de información en Internet.
  • Redacción de artigos de temática galega: cultura, historia, etc.
  • Labores técnicos: programación, deseño gráfico, ilustración, animación…
  • Difusión e promoción en Internet.
  • Colaboración nas procuras familiares do Atopadoiro.
  • Labores administrativos e organizativos.
  • Traducións.
  • etc. etc.

Se xa es membro de Fillos, podes pedir unirte ao grupo Voluntarios e así ter acceso á Roga, a nosa sección de colaboración no Taboleiro.

Lembra que tamén temos postos de Responsables de área sen cubrir que che podería interesar.

Grazas de antemán a todos os que vos interesedes en botar unha man nesta obra en permanente construción!